Dúbidas metódicas
Sospeitabámolo. O escándalo dos pisos da rua Mirtos levaba toda a semana sendo o principal tema de conversación en todos os mentideiros carballeses, e todo o mundo concordaba en que a solución non se prevía precisamente sinxela. Mais resulta que o calendario veu a aliarse cos afectados. ¿Por qué? Pois porque o problema saltou á actualidade xusto no momento en que os políticos se atopan en plenitude de facultades, a campaña electoral.
As alarmas deberon de saltar na sede dalgún partido ante o ridículo que se podía organizar e todo o mundo puxo mans á obra. Hoxe a prensa local retoma o camiño de exaltación da xestión excelente e dedica unha amplia reportaxe a destacar que o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e máis o delegado da consellería de Educación, o tamén nacionalista Xoán Carlos Bascuas, tiveron unha reunión cos afectados e veñen de solucionar completamente o problema de xeito “satisfactorio para todas as partes”. Grande noticia.
Segundo o pouco que ten trascendido, garánteselle ós primeiros compradores o mesmo piso polo que pagaran, e buscaráselle ós premiados no sorteo outro piso das mesmas características. Ademais, váiselle abrir expediente sancionador á empresa promotora por incumprir a lei. Ata aquí todo moi bonito… pero claro, os tocapelotas sempre miramos a letra pequena e, aínda que só sea de xeito metódico coma Descartes, gústanos dubidar de todo.
Por unha parte, un anuncio así feito a un día da xornada de reflexión debería manter en alerta a calquera cidadán cun mínimo de experiencia democrática. Por outra, sorprende que un follón tan maiúsculo se poida arranxar tan fácilmente nunha reunión de media hora. Ademais, non se saben os detalles da solución porque ninguén quixo facer declaracións. Sabemos que os afectados pasaron a asinar un documento á alcaldía que permitiría materializar o acordo, pero que este acordo aínda tiña que ser “ultimado” pola consellería. E ademais, non sabemos qué pensan os gañadores do sorteo, e polo tanto depositarios dalgún dereito, ós que lles van cambiar por outro piso que aínda non sabemos onde ou cando estará. Por certo, ¿saben os gañadores do xorteo que lles tocou un piso, ou a Consellería prefiriu non informalos, para evitarlles "door pola pérdida" (e problemas para a Consellería)? En definitiva, dúbidas metódicas a un día das eleccións que agardamos clarexar canto antes.
Etiquetas: viviendas de protección mirtos
1 Comments:
nooooorrrr
sodes increibles, ata esto vos parece mal,
aaagggggggg
non pode ser, tendes os miolos feitos papas,
non é posiiiible.
11/3/08 13:26
Publicar un comentario
<< Home