O deporte está duro
O deporte local ten sido un tema recurrente nos artigos, queixas e comentarios en Carballo Dixital e por suposto nas nosas rúas. A situación legal do Patronato, a dimisión dun concelleiro, a polémica cos ximnasios, as actividades escolares, unha fundación que se anunciou hai anos, as discusións polo céspede artificial, etc.
O problema da xestión do deporte municipal continua sen resolver cando case se cumple o quinto ano de goberno nacionalista. A pesar do pasado deportivo de Evencio Ferrero e de boa parte do seu equipo, este oso estalles resultando demasiado duro de roer e os carballeses non chegamos a entender que está a pasar para semellante falta de rumbo.
Hai unhas semanas anunciábase a intención do goberno municipal de realizar un informe sobre a situación das instalacións e servicios deportivos no noso concello, e hoxe lemos unha noticia realmente sorprendente. O concurso para elexir a empresa que faría este informe ven de quedar deserto porque das catro empresas contactadas só dúas presentaron ofertas, e ningunha delas convenceu ó goberno. Surrealista. As críticas da oposición, a través de Terra Galega, non se fixeron agardar.
En definitiva un episodio máis nunha larga cadea de capítulos decepcionantes para todos aqueles que queremos que Carballo conte cunha xestión deportiva coma merece.
1 Comments:
Falando de deporte. ¿alguien sabe se é legal que os traballadores do patronato nos deixen sen poder ir á piscina por unha folga que non estaba convocada para eles? Porque, polo que poñían na prensa, a folga era dos traballadores de 3 empresas privadas, e o Patronato é do Concello. Na miña empresa non podemos "solidarizarnos" con folgas que están convocadas para outros sectores, ou non botan á calle.
Gracias.
7/3/08 08:58
Publicar un comentario
<< Home