Resultados electorais
Supoñemos que xa serán coñecidos de todos vós, pero por se acaso recollemos aquí os resultados das recentes eleccións xerais en Carballo.
Non houbo grandes volcos electorais no noso concello, mais si o suficiente para cambiar as medallas de ouro e prata, cando menos no Congreso. No 2004 o PP superara ó PSOE por un marxe escaso, 583 votos e tres puntos, e desta volta foron os socialistas os que pasaron ós populares por 193 votos e 1 punto, primeira victoria socialista dende o ano 93. A tendencia bipartidista que marcou este proceso a nivel nacional tamén se deixou notar na capital de Bergantiños, e o BNG fracasou no seu intento de superar os 4.000 votos.
No Senado a victoria voltou corresponder o partido popular tamén por pouca diferencia.
Nestes enlaces podedes consultar os resultados pormenorizados:
Congreso
Senado
Os resultados a nivel provincial favoreceron ó PP, que conservou o cuarto deputado que tiña, ó igual que o BNG fixo co seu. Foi o PSOE o que perdeu o representante que A Coruña disminuía por motivos de poboación. Como era de agardar, a Costa da Morte non terá represetante ningún en Madrid, a non ser a posibilidade de que haxa dous movementos nas listas do PP pola Coruña, co que Manuel Varela, nº 6 do centro-dereita, pasaría a sentarse na Carreira de San Jerónimo.
A nosa análise di que cada vez máis Carballo estase a comportar electoralmente coma unha cidade, seguindo as tendencias das grandes urbes galegas. Coas reservas lóxicas de que cada proceso electoral é diferente, atreveriamonos a facer as seguintes reflexións por partidos locais: os resultados populares apuntan a unha recuperación dende as municipais, pero son difíciles de valorar ante a ausencia de TG nas eleccións xerais; os nacionalistas confirman que os seus apoios a nivel municipal están moi por enriba dos votantes naturais do seu partido (aspecto que se podería atribuir ó tirón do seu líder e actual alcalde); e os socialistas confirman que ou ben o BNG carballés lles ten comido o seu espazo, ou algo non acaba de arrancar como debería.
Etiquetas: elecciones eleccións
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home