Boom demográfico?
O noso amigo/a Quen fixo a Lei... fixo a trampa déixanos unha análise do informe da Xunta de Galicia sobre o PXOM que merece a penar ler:
Xa que é o asunto de moda, eu tamén lin o informe da Xunta. Como é realmente farragoso, e moi amplo, tomeime a molestia de analizar, o máis sinxelamente que puiden, o contido do mesmo, e facer unha explicación crítica do informe e do Plan que se informa no mesmo, a ver se así todos entendemos do que estamos a falar.
A pena é non ter lido o PXOM que se informa, o que impide entender claramente algunha das afirmacións da Xunta.
Pasemos á primeira parte, referente á CAPACIDADE RESIDENCIAL do PXOM. En datas próximas virán máis partes.
PXOM (I) Capacidade residencial.
A Xunta analiza en primeiro lugar os datos que o PXOM incorpora para xustificar o número de vivendas novas que propón construir. Ese número debe ser o resultado da evolución lóxica e previsible da poboación de Carballo. Pois ben, o informe é demoledor, e sinala que a previsión do PXOM é desorbitada, unha auténtica esaxeración.
Vexamos o por qué desa opinión negativa da Xunta.
Os datos oficiais do I.N.E. (www.ine.es), publicados sobre os habitantes de Carballo de 2000 a 2009 son os seguintes:
Padrón 2000:28.271
Padrón 2001:28.497 + 226 habitantes.
Padrón 2002:28.527 + 30 “
Padrón 2003:28.949 + 422 “
Padrón 2004:29.521 + 572 “
Padrón 2005:29.689 + 168 “
Padrón 2006:29.985 + 296 “
Padrón 2007:30.091 + 106 “
Padrón 2008:30.653 + 562 “
Padrón 2009 PXOM: 31.047 hab. + 394
Media en 9 anos: + 308 hab/año
Polo tanto, se esta media se sostivese durante os vindeiros 12 anos,... a poboación a engadir sería de 12 x 308 = + 3.696 habitantes, que, sumados ós 31.047 de 2009, segundo o propio Concello, daría unha población de en torno ós 34.750 habitantes, máis que lonxe dos 62.100 habitantes que a máis que optimista visión do governo municipal inclúe no Plano Xeral. Parece lóxico que a Xunta non se crea semellante vaticinio.
Por outra banda, se existen en Carballo, a día de hoxe, 7.342 vivendas baleiras (datos do I.N.E.), e se a media de habitantes por vivenda, a día de hoxe, segundo datos do Concello, é de 3,22 habitantes por vivenda ocupada, só farían falta, para crecer eses 3.700 habitantes, 1,148 vivendas.
Se temos máis de 7.000 pisos vacíos, e só precisamos 1.150 para o crecemento previsible nestes anos, está claro que non se xustifica, de ningunha maneira, que se precisen construir 16.700 vivendas novas. ¿Para que? ¿para ter 22.000 vivendas vacías?
Estes son os datos do PXOM:
INE tras 12 anos: 35.000 hab.
PXOM tras 12 anos: 62.100 hab.
Vivendas existentes: 16.687 (44 % vacías sg. INE)
Vivendas existentes ocupadas: 9.345 vivendas ocupadas INE.
Vivendas existentes baleiras: 7.342 vivendas baleiras INE.
Vivendas novas: 16.701
Total vivendas PXOM: 33.388
Habitantes/vivenda PXOM: 1,86 hab/viv
Habitantes/vivenda ocupada actual: 3,22 hab/viv
Creo que a conclusión é evidente. O concello presentou algo inxustificable, e agora toca o tirón de orellas da Xunta. O modelo parece seguir a manía deste pobo de crecer a base de ladrillo e formigón, sen saber cara onde imos.
A miña opinión é clara. Faise preciso que o governo aclare ós cidadáns cara onde quere ir, e de onde saen tan “optimistas” previsións, porque os resultados da campaña de captación de residentes na Coruña non ten dado resultado algún, e se paga con cartos de todos…
Etiquetas: PXOM Plano Xeral Ordenación PGOM, urbanismo
1 Comments:
para mí, es muy claro una supuesto crecimiento de ese mondo podría justificar suspuestas operaciones presupuestarias en próximos años, en base a las previsiones de ingresos en tasas e impuestos relacionados con el crecimiento, si la xunta hubiera tragado el gobierno podría, como los clubes de fútbol adelantar gastos en base a ingresos futuros, que luego si se cae en bancarrota ley concursal y que lo arreglen otros.
10/1/10 22:44
Publicar un comentario
<< Home