Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, agosto 26, 2010

Feira do Libro




Hoxe inaugúrase a Feira do Libro ("Praza dos Libros", na denominación oficial do Concello de Carballo) que finalizará o domingo. Segundo reza o programa, estará chea de actividades "para todas e todos" (que non falte o "políticamente correcto", aínda que sexa incorrecto lingüísticamente).

O pregoeira (12 h.) será a guapa (¿está permitido decilo, ou é "sexista") Yolanda Castaño (na foto), que tamén lerá contacontos en verso para nenos, ás 7 da tarde. Ás 8:30, videoinstalación de Teresa Moure.

O venres, Contacontos pola mañá, Monicreques ás 7:30 e sinatura de libros por Rosalía Fernández, Mon Lendoiro, Alberto Varela Ferreiro (as 60 primeiras persoas serán agasalladas cun libro do autor) e Xosé Antonio Pet Pose. Seguirá a presentación de "Covalladas. Prosa vertical", de Xurxo Borrazás. E rematará o día cun festival folclórico con grupos de Carballo e Uruguay.

O sábado, obradoiro de regueifas pola mañá e regueifa pola tarde. Despois, doutrina sobre o galego ("A lingua que queremos"), para rematar o día con concerto dos Carunchos.

Clausúrase o domingo, con "ciclobiblioteca" (sexa o que sexa eso), máis contacontos, sinatura do libro de Rober Bodegas (pola mañá), e presentación do libro "Galicia en Suiza" e espectáculo de maxia (pola tarde). Este meso día, cada libro levará consigo o agasallo dun pan de Carballo.

Polo que se ve do programa, todo é referido á producción en galego (salvo a excepción de Bodegas).

Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Por supuesto, hay que erradicar el castellano, que tiene la culpa de todos los males de hoy en día. Hasta este tipo de actos tienen matiz político. Que no falten las gaitas ni los bloqueiros.

30/8/10 14:51

 
Anonymous Anónimo said...

non busquedes libros de tolstoi, proust, hesse ou cela, que eses non estarán na "praza dos libros", pero se queredes de manuel rivas, suso de toro, castelao ou brañas, teredelos todos e repetidos. Gustariame saber cantos dos que dan discursiños leron algun libro enteiro de Castelao.

16/9/10 17:46

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner