Don Evencio de Bruxelas
Poucas cousas teñen xa a capacidade de sorprendernos en CD, sobre todo logo da lexislatura na que Manuel Andrade Cristóbal formou parte do equipo de goberno. Pero por sorte os seus herdeiros municipais manteñen aínda vivo o espírito idealista que alimentaba as iniciativas do líder do CDI, ou polo menos eso semella suceder co alcalde Evencio Ferrero.
Onte descubriamos que o primeiro edil nacionalista de Carballo vai viaxar a Bruxelas a defender a financiación dos proxectos Temunde e Forum para o barrio da Milagrosa, para os que solicitará un importe total de 22 millóns de euros. O primeiro consiste na conversión do barrio nun grande "parque temático" das enerxías renovables, mentres que o segundo xira en torno á finalización da Casa dos Oficios e a súa utilización como centro de fomento do emprego. O anuncio da visita, que se desenrolará entre os días 29 deste mes e 3 de abril, mereceu o entusiasta aplauso (faltaría máis) da prensa amiga.
Sen embargo, para os que vivimos neste recuncho do Fisterra e estamos alonxados das intrigas bruxelitas, esta visita non deixa de semellarnos un tanto esaxerada para os fins perseguidos. Certamente, 22 millóns son moitos millóns, e sería unha grande noticia para Carballo que finalmente se acadase tal logro. Mais temos as nosas dúbidas de que a administración europea decida o destino de tantos cartos en función de recibir a visita dun alcalde dunha localidade cuxa existencia probablemente descoñezan. Non sabemos se Sancho Viña ten advertido ó seu señor dos pormenores da empresa que vai acometer, pero pensamos que o secreto para conseguir doblegar ós xigantes está máis en facer ben os deberes na casa e ter todo ben atado e xustificado, que en realizar viaxes lonxanas de cabalería. Agardemos que finalmente os xigantes non fosen muíños.
3 Comments:
Non, claro, os populares non queren que se vaia a Europa con proxectos serios. Preferiron, durante moitos anos, despilfarrar o que viña de Europa en facer asadores en canto campo había. Ese foi o seu gran proxecto de país.
21/3/08 17:51
Tendes unha mente cativa e pensades que os lectores somos parvos.
Si se presenta un proxecto e non se defende, malo. Si se defende onde faga falta, peor.
Mais ben parece que o problema é de quen parte a iniciativa.
Así non imos a ningures.
Hai cousas que non se están a facer ben, pero ata os mais grandes delincuentes teñen a presunción de inocencia.
Un saúdo.
22/3/08 14:38
Home, eso de proxectos serios... en fin. É coma se eu digo de facer un circuito de F1 e vou defendelo a Europa. E logo non sería bo? Pero un macroedificio "caixón de sastre" que empezan a facer sen ter idea de onde han sacar os cartos nin que van meter dentro, e un "parque temático" da enerxías que nin o goberno sabe de que vai, moi serios non son.
A min paréceme que esto é outra forma de sair na prensa e de preparar a derrota por se sae mal: a culpa será da UE, por suposto.
22/3/08 20:12
Publicar un comentario
<< Home