Temporal na costa
O espectacular temporal que estes días golpeu con forza as costas no norte e noroeste da península ibérica tamén se deixou notar dentro dos nosos lindes.
As pasarelas e pontes da praia de Razo sufriron o enésimo destrozo provocado polo mal tempo, e os membros de Protección Civil houberon de adicar a xornada de onte a recoller os anacos de madeira esparcidos por todo o areal carballés. Dicimos que non é a primeira vez e que tristemente a praia de Razo é unha nas que a forza da natureza se desata con maís violencia provocando toda clase de desperfectos entre os servizos que os imprudentes humanos colocamos con vistas ó verán, sexan duchas, escaleiras, pasarelas ou taludes.
Non chegamos ós extremos do paseo marítimo da Coruña nin de outros lugares de España, pero se cadra habería que pensalo mellor á hora de ocupar un espazo que a forza de mar reclama para si todos os invernos e que tantos cartos nos costa en mantemento e reposicións.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home