Unha de xuízos

Agora xa sabemos a explicación, porque resulta que sae á luz un informe do mesmísimo secretario do Concello de Carballo, que non só avala as teses da oposición, senón que atopa novos motivos de nulidade. Paradoxicamente, o goberno local non ten en conta o informe do seu propio secretario, e apóiase noutro informe dun técnico da Deputación Provincial, que amosa unhas opinións distintas, e que avalan o procedemento seguido ata o de agora. Tal e como poidemos ler esta fin de semana na prensa local, os motivos de discordancias son tres:
- A incorporación ó expediente dun novo documento que non pasou por rexistro de entrada, meses despois de terse realizado a información pública, e que, segundo os populares, é determinante para decidir a solución elexida.
- A xa mencionada inexistencia de anteproxecto para realizar a adxudicación.
- A reducida "taxa interna de retorno", que para o secretario pon en dúbida a rendabilidade da concesión, e que o PP considera un xeito de eliminar competidores para que se presentase só unha empresa.
En resumo, que todo moi técnico, pero en absoluto aburrido, igual nas pelis de xuízos. En todo caso, vistos os antecedentes, parécenos que, máis que a seriedade de Harrison Ford en "Presunto Inocente", a este caso vaille mellor o Joe Pesci do "Meu primo Vinny". Apostámoslles a que éste non é o último golpe de efecto desta película.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home