Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, septiembre 28, 2006

"Se non chega a ser por nós…"


Con frecuencia, os aparatos centrais dos partidos políticos semellan actuar de forma prepotente sobre os seus peóns municipais. O feito de que se atopen en rangos superiores e conciten máis interese mediático failles crer que saben máis ou están máis capacitados que os seus “mandados”, os que precisan da súa axuda para saír adiante. E por iso, a miúdo entran en casa allea coma un elefante nunha cacharrería.

Proba diso é a noticia que hoxe podemos ler na prensa local. Semanas despois de que a polémica sobre o cemiterio nuclear pasase de longo, e cando xa case ninguén a lembraba, o deputado nacionalista Carlos Aymerich ven a Carballo a remover de novo o tema, e a deixarnos un punto de vista do asunto certamente novidoso:

“…aunque descartó la posibilidad de que Galicia pueda albergar una instalación de esta naturaleza, se felicitó de que el regidor de Carballo sea de su formación: «Non quero pensar que tería ocorrido se o alcalde non fose do BNG», afirmó.”

Para rematar a faena,... o responsable comarcal do BNG, Xosé Regueira, destacou o compromiso do goberno de Carballo co medio ambiente, e dixo botar en falta «un pronunciamento do PP, o PSOE e o CDI sobre o fondo da cuestión».

Vaites, vaites. Ó final vai resultar que a culpa era do PP (único partido da oposición) ou do PSOE (que non tomou parte no tema e non ostenta a alcaldía), e menos mal que temos un goberno presidido polo BNG, porque se non a solicitude de información que fixo ese mesmo goberno, podería ter acabado mal por parte dese mesmo goberno. Por certo, se o BNG non se fía dos seus propios socios nun asunto tan imporante, ou dun concelleiro en particular, ¿qué fai gobernando con eles, e manténdoos no seu posto? Debe ser que, cando un se senta no sillón da alcaldía, xa non pode despegarse.

20 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Lo que tenía que haber hecho el alcalde era cesar inmediatamente al concejal que metió la pata estruendosamente, lo malo que no puede. No es su concejal, es de otra pata intocable del triunvirato.
Es por eso que tienen que mandar al simpático de Aymerich a soltar la perla de "menos mal que tenemos un alcalde del BNG, ja,ja,ja"

También decía SINIESTRO TOTAL aquello de "menos mal que nos queda Portugal" para así justificar que no éramos los últimos en todo. Si está claro que no se consuela quien no quiere..

28/9/06 12:03

 
Anonymous Anónimo said...

Pois eu estou hasta os güevos dun alcaldiño nacionalista de esquerdas que mantén a eses retrógrados do CDI nun goberno esperpéntico. O concelleiro de feiras preguntando polo cemiterio nuclear e o alcalde tan cheo...
Aymerich, o alcalde gustarache a ti. A min non. E non son de dereitas.
Por certo, ¿tamén che gusta velo no autobus dos vellos mercandolle votos e vontades por un anaco de empanada e tortilla fria?
A algún agora gústavos todo. Sodes de bo dente.

28/9/06 15:48

 
Anonymous Anónimo said...

Pois si, pois si, o que vós queirades. Evencio tiña que ter destituido a Paco Barreira, fulminantemente, e o PP ten razón en pedir que dimita.

Por certo, esoutro alcalde, o de Peque, en Zamora, resulta que é do PP. Non estou aló moi informado, botárono do partido?

E aínda diría máis, desoutros sesenta e pico alcaldes de vilas onde si xa hai elementos nucleares, sexan centrais ou outras cousas, que tamén solicitaron información, ningún é do PP? Do BNG si estou seguro que non...

28/9/06 19:26

 
Anonymous Anónimo said...

Home, o que xa vos quedaría por decir, dentro do voso espiritu nacionalista-integrador-totalitario é que sería convinte ter un alcalde do bloque nun concello de Zamora...
Mal quevos pese, sodes poucos e sempre gobernando con pactos, nunca con maiorías naturais de xente que vos vota. E decir, gobernades poñendo o cú, e para mostra: Evencio

28/9/06 20:06

 
Anonymous Anónimo said...

Home, o que xa vos quedaría por decir, dentro do voso espiritu nacionalista-integrador-totalitario é que sería convinte ter un alcalde do bloque nun concello de Zamora...
Mal quevos pese, sodes poucos e sempre gobernando con pactos, nunca con maiorías naturais de xente que vos vota. E decir, gobernades poñendo o cú, e para mostra: Evencio

28/9/06 20:07

 
Anonymous Anónimo said...

Alomenos, todos agás o PP parecen que son capaces de facer pactos (e mantelos).
Algún chámalle a iso "poñer o cu", outros decimos que é democracia.

29/9/06 09:48

 
Anonymous Anónimo said...

A pagarlle 7 millóns ó ano ó "lince" de urbanismo, os do Bloque chámanlle "facer pactos".
A manter o sillón a toda costa, os do BNG chámanlle "facer pactos".
Todo é cuestión de precio. Uns véndense, outros non. Se o PP quixera, Andrade sería alcalde. Pero como non quere, Andrade sigue cobrando os 7 millóns que lle paga Evencio, e Evencio sigue sendo alcalde. A algún non lle importa tragar co que sea (outros chámanlle "poñer o cu"). É cuestión de ter principios ou non telos. Así de simple. ¿Acordádesvos do que decía o Bloque das excursións dos vellos? ¿E sabedes o que fai agora?

29/9/06 11:19

 
Anonymous Anónimo said...

Xuntando o que cobra o Alcalde e mailo que cobra "o lince" de Andrade, pode que se acheguen ó que cobraba o ex-alcalde.
Por outra banda, está claro que se o PP quixera, Andrade sería Alcalde (é cuestión de aritmétrica). Pero Andrade tampouco é Alcalde co BNG e PSOE.

29/9/06 13:49

 
Anonymous Anónimo said...

Al comentarista anterior:

Evencio (pese a cumplir su palabra) cobra como un 80% de lo que cobraba Varela.
Andrade cobra casi el doble que Evencio y como un 60% más de lo que cobraba Varela.
No tengo los datos exactos pero salieron en su día publicados en la Voz.

Sobre los pactos, la cuestión es que unos aceptaron las condiciones de Andrade para gobernar y los otros no. Y eso que los otros fueron quienes ganaron las elecciones y aquellos con los que Andrade prefería gobernar. Pero no todo el mundo es igual, y los hechos (que no las palabras) son los que definen a las personas.

29/9/06 18:34

 
Anonymous Anónimo said...

Dejadlos, están muy contentos con la alcaldía a toda costa y viendo a su idolo cada día más esperpético saliéndose por la tangente, negando la evidencia y soltando unos rollos de puta madre sólo aptos para entregados. Personalmente me gusta más este vodevil en el que los bloquieros tragan sapos y culebras, que cualquier otro gobierno serio y aburrido.
A la vida hay que ponerle chispa y con este circo la diversión está asegurada.
Para muestra, sólo unos ejemplos: Vi pasar por el jardín (lleno de mierda) al concejal de muller e xuventude (creo), Juan Ramón de Xiria, e intuí que se iba cagando en el mantenimiento diario del que hablaba su "compañeiro Lois Lamas".
Como pasean bastante, es posible que también alguno haya visto la caja/s de xurelos tiradas por el Anllóns el día que se escaralló la depuradora (hecho irrelevante y del que no se acordaba cuando le preguntaron).
También habrán tenido ocasión de pasear normalmente por la calle Coruña cuando, según sus propias certificaciones estaba toda levantada.
Como alguno de ellos me consta que frecuenta la feria de la Milagrosa (a veces coincidimos), seguramente también veian al paisano cobrando lo que no debía.
Van a la playa y ven que en Baldaio se echan tejados de chabolos que siguen estando ahí, mejorando día a día para escarnio de todos.
Alguno estuvo en las penosas actuaciones del verán cultural, llenas de sillas vacías.
Total, que es cojonudo ver su cara de póker.

30/9/06 09:59

 
Anonymous Anónimo said...

ben, e eso é todo o que tes que decir,

algo debe de estar funcionando amiguiños cando esto é todo o que hai, ou queredes que empecemos a facer un revival doq ue eran os governos Varela, e como estaba todo na xa pasada era?.

Que pouca memoria tendes.

Claro que a algún íalle mellor, e agora hai que tragar sapos, pero a democracia é o que ten amiguiño.

2/10/06 09:42

 
Anonymous Anónimo said...

"ou queredes que empecemos a facer un revival doq ue eran os governos Varela, e como estaba todo na xa pasada era?."

Pues sí, empecemos.

2/10/06 13:09

 
Anonymous Anónimo said...

Empezamos.
acordádesvos daquel concellal de praias, que, pra eso o nombraron, fixo desaparecer tres dunas de razo. non, non falo de coperfield, non. El era tamén o que importaba tabaco a través do porto de razo elixironlle o cargo acorde cos seus negocios. o pobre tivo que dimitir, pois claro, non estaba ben visto polo ciudadans de carballo, ainda que ó partido no que estaba non lle debia parecer mal, xa que expulsar non o expulsaron do partido.
a ver, quen sigue??

4/10/06 16:26

 
Anonymous Anónimo said...

Continuamos:
No hay que irse tantos años atrás (apenas uno) para ver un concejal nacionalista de deportes que se puso a hacer un chalet ilegal (a sabiendas) en Bértoa, hasta que claro, alguien lo denunció y tuvo que dimitir. Pero a su partido no le debió de parecer mal, porque expulsar no lo expulsaron, y de hecho lo defendieron. Desde luego, por ahí, las cosas han cambiado poco. Si miramos a obras, logros y cosas concretas, sí que vamos a encontrar unas cuantas diferencias.

4/10/06 18:39

 
Anonymous Anónimo said...

lembradevos de aquel alcalde que lle edificou un colexio á sua muller e ás suas socias de xeito ilegal e despois a a xusticia decidíu que esa recalifiacción de terreos era ilegal e mandou derrubar o colexio.

Temén lle fixo aceras ata o colexio por ese lado da rúa, aínda que había moitas máis casa polo outro lado.

ah, e por eso non dimitiu ninguén?

seguimos?

9/10/06 19:02

 
Anonymous Anónimo said...

Vamos a ver... El colegio de marras está edificado con licencia municipal, con informes favorables de los técnicos municipales (de todos, según reprodujo La Voz en su día), y de los técnicos de la Xunta (también todos los informes favorables). Además, hoy en día la construcción sigue siendo legal, y la sentencia aludida carece de valor y es inaplicable, lo que refuerza la actuación hecha. De modo que, antes de decir nada, por favor, infórmense un poco más a fondo de los asuntos de los que hablan, y no salpiquen a entidades privadas en donde, además de la esposa del ex-alcalde, hay muchos más socios que no están precisamente vinculados al P.P, sino todo lo contrario.

10/10/06 09:26

 
Anonymous Anónimo said...

Al comentarista anterior se le ha olvidado añadir que, evidentemente, ese colegio no lo construyeron ni el alcalde ni el Concello.

10/10/06 10:55

 
Anonymous Anónimo said...

un momento,

que é eso de que unha sentencia é inaplicable, informense señores,

ese colexio ten enribe unha orde de demolición, e este governo que non se quere mollar nin en eso, non a está a executar, igualiño igualiño que o das xaiñas,

investigueno señores, investigueno

10/10/06 11:00

 
Anonymous Anónimo said...

"Temén lle fixo aceras ata o colexio por ese lado da rúa, aínda que había moitas máis casa polo outro lado."

¿E logo íballas facer pola marxe contraria da carretera, para que os nenos tuveran que cruzala para entrar ou sair do colexio?

Algún sectario está tan cegado que Liso O Cego ten máis visión...

10/10/06 11:03

 
Anonymous Anónimo said...

si si sectario,

facemos as aceras para o colexio da muller cos cartos de todos e aos veciños que estaban alí antes, tururú

ahi jalisco no te rajes

que tamén é cego :-)))

10/10/06 19:47

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner