Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, octubre 28, 2010

150 anos



Agradecemos a Vítor Recarei que teña subido a youtube as roldas de prensa que o BNG está a dar en Carballo. Unha boa forma de dar a coñecer o traballo da formación nacionalista que sen dúbida os outros partidos deberían imitar, e que nos da oportunidade de coñecer moitos outros detalles que a prensa local non adoita recoller.

En concreto a intervención de Ferrero ven a refrendar o contido do noso artigo da semana pasada a propósito da doble personalidade. Basta un simple intercambio do ámbito xeográfico: onde Evencio fala da Xunta e de Galicia, poñamos ó seu bipartito e a Carballo, e veremos como son totalmente intercambiables. Especial atención á seguinte frase: “…eses plans e eses proxectos (de equilibrio territorial) que tanto se leva falado e tan pouco se leva feito, e hai obras que hai case dous anos se colocou a primeira pedra, e o certo é que neste momento volvemos a estar en punto 0”. Non, non estaba a falar do PXOM, nin do hospital comarcal, nin da peaxe, nin das dúas galescolas, nin do parking subterráneo, nin da cidade deportiva do Bosque, nin do novo ambulatorio, nin do porto deportivo, campo de golf, etc… estaba a falar da autovía a Berdoias. Non obstante o alcalde carballés si que nos deixa unha nova aportación sobre a que paga a pena reflexionar: o atraso da Costa da Morte é secular e ademais é culpa da dereita porque, salvo pequenos parénteses, leva gobernando ¡150 anos! E nós que nos atrevíamos a pedirlle resultados tras 7,5 anos de alcaldía… coñécese que Evencio considera que apenas leva gobernando un 5% do tempo que precisa para levar a cabo os seus plans.

Etiquetas: , , , ,

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pero qué teñen as galescolas? Non sirven as escolas que houbo toda a vida?

31/10/10 01:44

 
Anonymous Anónimo said...

Que le den a la autovía de A Costa da Morte, somos unos cínicos. Eso le interesa a cuatro que viven de las subvenciones de Neria. Además, como Carballés, no de "A Costa d Morte", según Nería y cia.
La conclusión que saco, es que son unos acomplejados, y creen que van a ser más por tener una autopista.
¿Para quéee?. Porque, quién hace el recorrido completo todos los días Carballo - Fisterra, si el 90% de los movimientos son, por ejemplo Carballo - Baio (24kmt), Carballo - Vimianzo (30KMt), porque camariñas es aparte. Vimianzo - Cee(30KMTS). ¿Pero Carballo Finisterre?, son cuatro gatos. ¿y vamos hacer esa autovía para cuatro gatos, o para que vengan 10.000 turistas a ver el encaixe?. Anda yaaa. Yo lo que quiero es una buena carretera "CARBALLO_SANTIAGO". Que no nos vendan la moto, coño, que finisterre no es nuestra comarca. Yo soy de Bergantiños, y la comarca de Fisterra, está más lejos que la de Padrón, ¿y a qué no pedimos autopista Carballo - Padrón?.
Además, para mí, tienen preferencia Laxe, Ponteceso, Cabana y Malpica, también tendrán derecho a buenas comunicaciones con Santiago. No se que coño defiende Evencio and Company.
Una buena carretera si, una autopista es reírse de la Autopista Santiago - Lugo. ahhh que no tienen!!
Fíjate:
Carballo - Padrón 70 Kmts.
Carballo - A Estrada 72 kmts.
Carballo - Guitiriz 80 KMts
Carballo - Ferrol 79 KMts
Carballo - Fisterra 73KMt.
Como Carballés, me interesa más cualquiera de las otras vías, antes que la de Fisterra.

3/11/10 10:40

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner