Preferentes en Carballo (o cómplice colabora coa policía)
Está a ser un asunto da máxima actualidade a nivel nacional, autonómico e agora tamén local. Porque se xa fai un mes recolliamos unha manifestación dos afectados polas preferentes nas rúas da capital de Bergantiños, agora ven de formase unha mobilización con sede en Carballo.
En efecto, a nosa comarca e a nosa cidade en particular non escaparon a esta “estafa” na que moitas familias investiron os seus aforros nuns productos que pensaban seguros e garantizados, pero que resultaron depender dun complicado criterio determinado pola marcha do banco ou da caixa. E cando, como contra todo prognóstico está a suceder, a banca perde, atópanse co risco ou coa certeza de quedar cando menos sin unha parte importante dos seus cartos. Familias de todo tipo pertencentes a todos os estratos e ámbitos están atrapados nun lío fenomenal, que no caso de Galicia ten como principal artífice, e como centro de todas as críticas, o traballo levado a cabo por Caixa Galicia durante a última década, na mans de José Luis Méndez. De feito, a sucursal do que agora é NCG en Carballo foi o lugar elexido polos afectados para manifestarse.
Pola nosa parte un pequeno apunte a un detalle que nos chirría especialmente: lemos no sempre servil Catecismo de Carballo (outrora chamado Voz de Galicia) que o Concello de Carballo está a colaborar con estes damnificados polas preferentes. Curioso, maniobra hábil, como nel é habitual, de Evencio Ferrero. Sobre todo porque o noso alcalde sabe perfectamente que en calquera momento algún ou algúns, ou a maioría, dos (con razón) cabreados das preferentes, podería saber que o mesmo Ferrero que lles está a ofrecer colaboración é o mesmo Ferrero que, durante os últimos case dez anos, xustamente o periodo no que se perpetrou a estafa, era conselleiro xeral en Caixa Galicia (cuestión pola que, faltaría máis, cobraba á marxe do seu coñecido soldo de mestre no Concello). Coma nas novelas de misterio, o culpable (ou cando menos cómplice) préstase o primeiro a colaborar coa policía para evitar sospeitas.
Documentación:
http://www.galegos.info/evencio-ferrero-rodriguez
“Actualmente es miembro del Consejo Federal de la Federación Gallega de Municipios y Provincias, miembro del consejo de administración de ‘Xestur Coruña’ y consejero general de la entidad Caixa Galicia.”
Seguir lendo...