Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, junio 01, 2011

Malas noticias na costa


Dúas novas veñen de deixarnos un mal sabor de boca na costa carballesa. Vaiamos por partes. En primeiro lugar a semana pasada, e como cada ano por estas datas, saía á luz o listado de praias con bandeira azul. E facíao coa desagradable sorpresa de que a de Razo non estaba entre elas, coma viña sendo habitual. O certo é que non é a primeira vez que isto sucede, que noutros lugares de Galicia tamén se atoparon con negativas inesperadas, e que o organismo encargado de xestionar estes galardóns ten fama de ser moi esixente e caprichoso. Segundo o alcalde, Evencio Ferrero, foi algo tan menor coma un retraso nunha análise da calidade da auga a que lle custou este ano a Razo quedar sen o distintivo europeo. Para variar, o alcalde nacionalista bótalle a culpa á Xunta; pero o que está claro é que as nosas praias seguen a ter a mesma calidade da que sempre fixeron gala, máis alá de ter un bandeira azul ou non. ¿Ou acaso hai algunha outra cuestión que non coñezamos ?

Por iso a segunda noticia negativa que recibimos nos apena máis. Porque para nós trátase dalgo moito máis grave, aínda que a moita xente non llo pareza. Espertábamonos a semana pasada coa traxedia do barco malpicán “Nuevo Luz”, que naufragaba nas proximidades da Punta Langosteira deixando dous mariñeiros mortos. Pois ben, sucede que parte dos restos do barco viñeron a parar ás praias do noso concello, e unha serie de desaprensivos se adicou a recoller e levar para a casa canto puideron, coma se dun tesouro se tratase. Antecedentes deste comportamento temos dabondo na Costa da Morte, pero que suceda cando falamos dun desastre que se levou a vida de dous dos nosos veciños, ten difícil calificativo. Se os inspectores europeos que viñeron analizar as nosas praias tivesen visto isto, ben poderían quitarnos as bandeiras azuis por moitos anos, e neste caso con toda a razón.

Etiquetas: , , ,


Seguir lendo...

jueves, diciembre 04, 2008

Marisol no nos quiere


Ya en anteriores posts de CD se había destacado la faceta mediática de esta "pro-mujer" de la política que es Marisol Soneira, una personalidad arrolladora capaz de generar titulares casi con la misma fecundidad que nuestro Manuel Andrade.

En esta ocasión la polémica ha saltado de una entrevista en la que la socialista define la Costa da Morte como el espacio comprendido entre las islas Sisargas y Monte Louro, dejando expresamente fuera de este territorio a los concellos de Coristanco, Carballo y Laracha. En otro orden de cosas Soneira hace balance de los 4 años de gobierno bipartito de la Xunta en contraposición a la era Fraga: «durante os anos de goberno Fraga tivemos unha perda de case mil habitantes cada ano, a emigración acentuouse cara Canarias e outras comunidades españolas, o illamento fixo imposible o asentamento de proxectos empresariais serios, faltou chan industrial e infraestrutura portuaria». Frente a ello considera que ahora la Costa da Morte tiene un plan «baseado no coñecemento da realidade e sen a presión de ningunha catástrofe que nos faga desviarnos do obxectivo principal: dotar á Costa da Morte das infraestruturas que fagan posible o seu desenvolvemento económico e social». Claro que habrá quien diga que a estas alturas de legislatura doña Marisol debería de estar rindiendo cuentas de los resultados de su propia gestión, en lugar de hablar solo de planes de futuro. Pero nadie es perfecto.

Como era de esperar, los alcalde afectados por esta "exclusión" no han tardado en reaccionar, y tanto José Manuel López (Laracha) como Evencio Ferrero (Carballo) han recordado que todos los programas de diferentes administraciones consideran que Laracha marca el inicio de la que consideramos nuestra Costa.

Para añadir más leña al fuego también ha terciado en la disputa ese otro pro-hombre de referencia en nuestras comarcas, omnipresente hasta rozar la ubicuidad, que es Xan García Pouso. El secretario de Neria, edil de Terra Galega, ex-edil de otros partidos, y presidente de la entidad empresarial de Fisterra, apoya totalmente a la diputada de Camariñas: "non se pode falsear a realidad ou mover os lindes por intereses". Pero ¿quién fija esos lindes?



Etiquetas: ,


Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner