Falemos claro

Moita xente adoita queixarse de que nos medios e espazos públicos, cando hai unha audiencia considerable, con frecuencia se fala de xeito indirecto, como escurrindo un pouco o bulto, non sexa que alguén se poida sentir ofendido polo manifestado. Por iso agradecemos moito a Celso Álvarez Cáccamo a entrevista que hoxe publica o BOE. Ese sociolingüista e profesor da Univerdidade da Coruña está a participar no curso que organiza esta institución en colaboración co sempre normalizador Concello de Carballo, e ven deixar unhas ideas ben clariñas no referente á famosa normalización lingüística:
“- Cal é a situación actual do idioma galego na sociedade?
- É crítica.
- O Plan Xeral de Normalización lingüística que a Xunta leva a cabo dende 2004 pretende favorecer o uso do idioma nos distintos ámbitos. ¿Como se desenvolve?
- A Xunta non está levando a cabo ese plan. Precisamente, a política do Goberno de Feijoo é un dos principias culpables da crise actual pola que pasa a lengua galega.
- […] A política debera ser a de inmersión lingüística en galego-portugués no ensino.
- […] Por outro lado, sen soberanía política nunca haberá verdadeira normalización.”
Etiquetas: lengua lingua galego gallego español
Seguir lendo...



