Kdamos en Carballo?
A
Asociación de Hosteleros de Carballo promociona a marcha na capital de
Bergantiños con esta orixinal curta onde proponen que quedemos o vindeiro 9 de
xuño.
Seguir lendo...
Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo
O grupo carballés estivo a levar por Galicia adiante un novo espectáculo coa Sinfónica de Melide, titulado “Música do cine”. Deixámosvos dúas grabacións da súa actuación na Coruña e máis en Santiago.
Xa sabemos que non se fala doutra cousa. Desque comezou a
crise e desque os recortes de todas as administración chegan a todos os
ámbitos, cada día sabemos máis de economía, de orzamentos, financiación,
débedas, e singularmente de canto costan moitos dos nosos servizos públicos, e
en qué se gastan os cartos os nosos gobernantes. Hai uns anos, sobre todo en
determinados campos como por exemplo a cultura, ninguén poñía en dúbida que se
gastara cantos cartos se considerase preciso. Agora, todos miramos con lupa
cada inversión. E resulta moi posible que incluso nos esteamos a pasar un
pouco, e que estamos a poñer en solfa algúns gastos que se cadra tampouco serán
para tanto. Pero é que cando a todos nos están a tocar o noso bolsillo cada
día, os agravios comparativos se volven insufribles. E por iso os nosos
políticos deberían de ser especialmente cuidadosos, por aquello de que a muller
do César debe dar exemplo e parecer honrada.