Moi de
moda está ultimamente a personaxe de Sherlock Holmes. Por algunha extraña razón
os vellos mitos sempre volven, e de igual maneira que hai un par de anos as
películas, sagas e series de televisión de vampiros dominaban o mundo do
entretemento, ahora é o mítico detective que creara Conan Doyle o que
protagoniza un exitoso show televisivo, varios filmes e multitude de libros.
Lembrámonos
do amigo Sherlock a propósito do brutal contraste entre a incrible velocidade
das súas deduccións e investigacións, e a pasmosa lentitude coa que “avanza” (é
unha forma de falar) a comisión de investigación sobre a contratación supostamente
irregular dunha candidata do BNG por parte do executivo que preside Evencio
Ferrero. Unha comisión que se constituía o día 20 de decembro do ano pasado,
despois de que o PP denunciase a situación no mes de abril, e despois de moito
debate e unha votación que foi apoiada polo socialista Viña, quen de feito a
preside. Pois ben, resulta que a primera reunión non aconteceu ata o ¡24 de
abril!, catro meses máis tarde. E resulta que desa reunión non saiu nada en
claro porque faltaban, entre outras cousas, os testimonios dos técnicos e de
varios participantes no proceso de selección. E resulta tamén que naquel
momento o propio Viña fixara como data límite para a seguinte renión, que
debería ser definitiva para obter conclusións, o día 10 de maio. E resulta
agora, que o encontro ven de ser suspendido ata o día 15. E moito nos tememos
que tampoco para ese día poidamos sacar gran cousa en limpo.
En
definitiva, un retraso de seis meses para facer unha simple reunión onde se
expoñan os documentos precisos, previos para poder facer valoración algunha.
Algo que non pode ser interpretado doutra forma que coma un flagrante
desinterese en esclarecer nada, ou ben un deliberado interese en agochar todo;
algo ó que inexplicabalmente, ou moi explicablemente, se está prestando-colaborando
un Viña que segue a xogar a dúas bandas, a apoiar e non apoiar, a ser oposición
pero solo la puntita, ninguén sabe moi ben con que estratexia de cara ó
¿futuro? Máis que de Sherlock Holmes, esta parece ser unha desas comisións das
que tamén falaba Napoleón: “cando quero que algo se paralice, nomeo unha
comisión”.
Seguir lendo...