Erros protocolarios
Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo
Esta sí que é toda unha sorpresa. Non tiñamos idea de que na nosa vila tamén se practicase o rap, pero acabamos de atopar este vídeo na rede que firma DJ Nikko Fonta MC, coa colaboración de Kristian Benitez. E como ben din na letra e firman en youtube, "este ritmo ha salido de Carballo".
Tan intelixentes que ademais de poñer o coche a 180 Km/h pola autoestrada Carballo-Coruña, arriscando a súa vida e a todos os demais, van e graban a fazaña e cólgana no youtube amosando as súas voces e as súas caras. Só lles faltou entregarse coas mans pegadas no cuartel da Guardia Civil. Quédanos o consuelo de que pola dirección que levan e pola forma de falar semella que son máis ben da Coruña que de Carballo.
Outro grupo carballés. Clásicos e composicións propias interpretadas por unha suma de novos e vellos rockeiros (sí, o teclista é o ex-alcalde), e cunha excepcional voz solista. Podedes curiosear no youtube porque teñen bastantes vídeos e pagan a pena.
O famoso grito de guerra dunha marca galega de supermercados, grabado na praza do Concello:
Etiquetas: comida pincho concello