Coidamos que non somos excesivamente duros se empregamos este titular. Falamos, como non, da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo. Ese Plan que foi aprobado no ano 2003, comezado a revisar no 2004, anulado por unha sentenza no 2007, recorrido, e dende entón cunha espada de Damocles enriba de tal modo que en unha desestimación do recurso deixaría en calquera momento a Carballo sen Plan de Urbanismo.
E así levamos sete anos redactando un documento que aínda non se ten sequera exposto ó público. O primeiro avance remitido á Xunta tivo como resultado no ano 2009 un demoledor informe contrario que poñía en dúbida moitas das liñas fundamentais do documento. E dende entón o goberno de
Evencio leva xa dous anos adaptándoo ás novas condicións (ou eso di). Para iso precisamente ven de reunirse de novo a Comisión de Urbanismo, e así se recolle amplamente nos medios locais, que como ven sendo habitual neste asunto fan fincapé no consenso de todos os grupos políticos.
Pero como é ben sabido que nós somos unha mosca molestadora de partes nobles, non podemos deixar de romper a tónica habitual para recordar o que moitos semellan esquecer. Primeiro, que por moito que o BOE se empeñe en colocar o punto de mira nos plazos e nos plans da Xunta e obvie por completo os plazos do goberno de Mr. Ferrero, o certo é que o 90% do retraso destes oito anos é exclusivamente atribuible ó equipo do nacionalista. Segundo, que o feito de que todos os grupos políticos fagan piña na revisión no PXOM, lonxe de ser un mérito, é unha mostra máis da incapacidade dun gobernó incapaz de sacar adiante un traballo que ninguén está a entorpecer. Terceiro, que a pesares dos titulares, aínda estamos moi lonxe de aprobar esta revisión, pois da longa serie de trámites que serán precisos estamos nos primeiros pasos e probablemente temos anos por diante. Cuarto, que temos perdido unha boa parte do tempo preparando un documento que pasaba polo arco do triunfo os cambios lexislativos e as recomendacións da administración autonómica. Quinto, que 6 meses despois das eleccións estamos exactamente no mesmo punto que 6 meses antes delas: malditos intereses partidistas. E sexto, que por incrible que poida parecer a estas alturas, os responsables do asunto explican que aínda quedan “muchos aspectos que concretar” ata simplemente remitirlle á Xunta o documento correxido, é dicir que non temos claro sequera o que queremos. Por iso decimos que a revisión do PXOM chegará (iso xa é seguro) moi, moi tarde, que as cousas se teñen feito rematadamente mal, e que resulta moi probable que rematemos arrastro, coa vergoña que significará que unha das vilas máis grandes de Galicia teña que retornar ás normas subsidiarias do planeamento.
Se queredes unha hemeroteca deste asunto, é tan longa que poñer cada noticia faríase demasiado. Deixámosvos un enlace para o conxunto completo:
undefined
Etiquetas: PXOM Plan Plano Xeral Ordenación PGOM General
Seguir lendo...