Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, junio 29, 2012

“Puidéronse infrinxir os principios de igualdade e mérito”


Esta é a eufemística e diplomática redacción das conclusións da comisión de investigación que tratou da contratación dunha candidata do BNG por parte do Concello de Carballo. “A refundición das listas resulta inadecuada. As persoas incluidas na lista refundida […] resultaron claramente beneficiadas…”. Unha redacción elaborada por todos os grupos (agás, evidentemente os de Evencio Ferrero), que pon sobre da mesa unha vez máis o xogo ambiguo de dobre axente de José Antonio Viña.

Porque foi o líder socialista (líder e tamén seguidor, porque só hai un concelleiro no seu grupo), o que co seu voto permitiu que se formara esta comisión. E tamén ven de ser o mesmo Viña quen co seu voto permita que saia adiante un dictame que terá que ser votado no pleno e que pon en solfa un caso de enchufismo que ten provocado moita indignación na capital de Bergantiños. Pero faino dun xeito descafeinado. Non fai falla ser un lince para darse conta de que TeGa e PP tiveron que tragar cun texto convenientemente suavizado que non contenta a todos, pero tampouco carga as tintas contra ninguén. Tanto é así que, como non, o Catecismo de Carballo non deixou pasar a oportunidade de sair unha vez máis en rescate do seu Pontífice: o que realmente era a constatación dun “enchufe” para unha amiga do partido, pasa a ser presentado coma un “mínimo desliz” (sic), víctima de “la crítica más despiada” (sic). Xa vedes que non foi Sergio Ramos o único que esta semana lle botou moitos co…

Así que, unha vez máis, temos a oposición no goberno, e o goberno na oposición. Unha relación amor-odio-conveniencia entre Viña e Evencio que xa noutros posts temos ilustrado coa imaxe de Pimpinela. Para variar, e porque nos gusta esta canción, parécenos máis apropiado lembrarnos desta outra parella que tamén tivo un final tormentoso.

Etiquetas: ,


Seguir lendo...

viernes, junio 22, 2012

Mitin de comezo do San Xoán


Non é ningunha novidade que o noso querido alcalde e o seu equipo de goberno utilice os actos culturais e festas organizadas polo Concello coma unha ferramenta de propaganda da súa ideoloxía política. Témolo denunciado en multitude de ocasións no noso blog. Tampouco ten nada de malo que un pregoeiro difunda opinións persoais dende a tribuna de oradores, faltaría máis, posto que vai na súa liberdade de expresión. Agora ben, hai veces que, se cadra pola costume, ou polo exceso de confianza (e onde hai confianza da asco), a xente perde o norte e pásase de frenada ofrecendo un espectáculo un tanto lamentable.

E isto ven de acontecer no mitin (antigamente chamado pregón) de comezo das festas deste San Xoán 2012. Porque máis aló das cualidades artísticas (non discutidas por nós, dende logo) dun recoñecido actor coma Cándido Pazó, alguén na Comisión debería de ter un mínimo de sentidiño e indicarlle que un pregón pagado por todos os carballeses e dirixido a todos os carballeses non é lugar para facer campañas de reivindicación das causas que el considere xustas. Entre outras cousas porque, que saibamos, Pazó non representa a Corcoesto nin a Bergantiños, nin moito menos a moitos veciños que si están a favor da instalación da mina de ouro e das oportunidades económicas que pode ofrecer. Ou cando menos, unha explicación si se lle debía ter dado a todos os asistentes, que pensaban acudir a un acto festivo de inicio das súas festas locais, e non a verse incluidos nunha manifestación.

Pero resulta que para rematar a faena, o noso querido alcalde Evencio Ferrero non quixo ser menos, e, desfrutando como só el sabe facelo do protagonismo e o centro de atención que a oportunidade ofrecía, invitou ós seus veciños a desfrutar do San Xoán, olvidándose da “crise, da prima de risco, do rescate e dos bancos”. Mágoa que don Evencio só se lembrase de asuntos que se tratan en Madrid ou en Bruxelas. Porque estando tan preto dos seus veciños, ben podería telos invitado a esquecerse tamén do índice de paro máis alto da provincia que ostenta Carballo, dun polígono industrial baleiro, da perda da bandeira azul de Razo, da subida de taxas e impostos, da falta de PXOM a estas alturas ou dun nivel de delincuencia (e violencia) alarmante.

E se alguén pensa que estamos a esaxerar, que probe a colocar o acontecido diante dun espello, e supoña que os protagonistas e reivindicacións corresponden á ideoloxía política contraria. A ver qué pasaría.

Etiquetas: , ,


Seguir lendo...

sábado, junio 16, 2012

Campeonato de España de Radiocontrol

En este vídeo, y las siguientes entregas que podéis consultar en youtube, tenéis las imágenes del Campeonato nacional organizado por Radiocontrol Carballo y disputado en el circuito de Bértoa los días 9 y 10 de junio.




Seguir lendo...

viernes, junio 15, 2012

Lowcos

Vídeo da actuación de Lowcos no Pazo:




Seguir lendo...

jueves, junio 14, 2012

A verdade, con sacacorchos



A mala noticia da non concesión de bandeira azul á Praia de Razo por segundo ano consecutivo pon outra vez de manifesto o flagrante oscurantismo e ocultación da realidade (lembremos a nosa serie “detrás das vallas”) que impera na capital de Bergantiños. Moitos non podemos evitar sentirnos coma Keanu Reeves en Matrix cada vez que collemos un xornal local (e fai tempo que o Diario segue fiemente os pasos do Catecismo), escoitamos a súa versión radiofónica ou sentimos as manifestacións dos nosos gobernantes. E así, Carballo é un lugar seguro aínda que os roubos acaezan case todos os días con total impunidade, ou as nosas rúas vivan altercados propios dun cuadrilátero de loita libre. E así, todo funciona de marabilla, e se non o fai en todo caso é por culpa de axentes externos, que aquí somos sempre “excelentes”.

Sen embargo, cada certo tempo, a merda asoma por enriba das vallas e non queda máis remedio que sair ó paso. Esto ven de suceder coa indignación da contaminación do principal areal carballés. Tanto se ten falado e criticado na rúa as nulas explicacións do goberno, que finalmente o alcalde tivo que contar, cando menos, unha parte da verdade. Resulta que non é certo que a calidade da auga de Razo sexa tan boa coma a de Baldaio ou a de outros lugares (como xa todos sospeitabamos). Resulta que non é certo que Razo conte cun saneamento que funcione correctamente (como xa todos sabíamos). E resulta que na nosa costa segue a haber unha boa chea de edificacións ilegais (como todos coñecemos) que non se poden conectar á rede de saneamento, e que verten directamente as súas augas residuais ó mar. E así, ten que ser un feito colateral o que poña enriba da mesa unha realidade que ningún goberno local foi quen de atallar, e que tira por terra a impoluta imaxe de legalidade urbanística que Evencio Ferrero tenta impoñer. Porque señores, se hai vivendas ilegais que ademais contaminan a praia, actúese contra elas. E se non se teñen bemoles de actuar, ou o estudio de mercado indica que se perden máis votos actuando que perdendo a bandeira azul, dígase. Porque ó final, aínda que tarde e con sacacorchos, a verdade acaba revelándose.


Etiquetas: ,


Seguir lendo...

jueves, junio 07, 2012

No se lleva el azul este verano


Por lo menos no se va a llevar en la playa de Razo. Por segundo año consecutivo, el principal y más concurrido de nuestros arenales se queda sin bandera azul, después de muchos años de ostentarla.
Bien cierto es que los estándares de calidad que exige la asociación que otorga las famosas banderas son elevados y a veces caprichosos. Pero alguien debería de explicarnos de forma convincente, cómo es posible que Razo y Baldaio hayan sido distinguidas durante tantos años, y que ahora, cuando un día sí y otro también, presumimos de obras de saneamiento y mejoras en la costa, no sea así. O se han cambiado las reglas del juego (y solamente para Carballo porque las demás playas gallegas arrasan), o aquí alguien miente o no dice toda la verdad de lo que pasa.

Seguir lendo...

miércoles, junio 06, 2012

Somos unha potenzia


Total. Como titulaba hai uns anos Carlos Blanco nun programa da TVG, en Carballo somos unha potenzia. Se cadra non en emprego (batimos records de parados), se cadra non en seguridade cidadá (saímos case tódolos días nas páxinas de sucesos), se cadra non en urbanismo (non temos Plan nin nos interesa facelo), pero sí… en normalización lingüística.

Porque dende que os Bloque Boys & Girls se fixeron co poder na capital de Bergantiños, Carballo ten chegado a converterse no referente galego dos “loitadores” da lingua. O primeiro de todo foi contratar a un normalizador lingüístico como funcionario con soldo do Concello, antes mesmo que outros moitos postos nos que existen carencias. Despois creouse o famoso concurso de artigos normalizadores, onde persoas con “inquedanzas” de toda Galicia compiten por un primeiro posto e accésits cunha boa recompensa económica. Por suposto, toda a política municipal ven estando implicada na promoción do idioma galego. E ademais o Concello ten suscrito un bo número de convenios de colaboración coa Universidade da Coruña e organizado cursos de verán, como non, sobre normalización lingüística. E mesmo neste tempos de incerteza económica, cando se suben taxas e impostos, ninguén no BNG pon en dúbida que se sigan a gastar os mesmos cartos nas cousas da lingua.

A máis recente nova ven a sinalar outra volta máis a importancia capital que o equipo de Evencio Ferrero dá a esta faceta, tan central (ou máis) na súa acción de goberno, coma o urbanismo, os impostos, ou servizos sociais. Resulta que o Fórum, esa magna obra valorada en ¿sete, oito, ou máis? millóns de euros vai por fin adquirir actividade grazas a, faltaría máis, cursos en materia de normalización lingüística. Un fin que sen dúbida xustifica a inversión máis multimillonaria da historia de Carballo e que confirma que, en efecto, somos unha potenzia.

Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner