Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, junio 28, 2007

…y también dos huevos duros


Cambio de gobierno en Carballo (o simple exclusión de Manuel Andrade), pero no así cambio en los proyectos que se nos anuncian. Quizá porque los grandes planes de la anterior legislatura quedaron en el tintero, hemos arrancado el nuevo ejercicio con los viejos temas que se repiten y repiten dentro de un eterno retorno.

El pasado lunes la Xunta de Galicia anunciaba a bombo y platillo un Plan de Reequilibiro Territorial de Galicia, y ¿a que no saben cual era la propuesta estrella de este “nuevo” plan? Así es, el polígono industrial de Carballo, la infraestructura más anunciada de la historia, incluida en todos planes realizados desde el Plan Galicia, que se dijo estaría funcionando en 2006, y en la que todavía no se han empezado las obras.

Y el segundo “huevo duro” es la archifamosa reforma del mercado de abastos municipal y el parking subterráneo, puesto que esta semana se han reunido miembros de la corporación municipal con representantes de “MERCASA”, una empresa especialista en esta clase de intervenciones, que asesora al Concello sobre las características que debe tener el proyecto, pero con la que no se ha tratado todavía su viabilidad económica ni quién lo financiaría; es decir, el verdadero “quid” de la cuestión.

Vistos los antecedentes, es probable que pasemos una buena temporada, que esperemos no sea eterna, viendo cómo nos prometen de todo… y también dos huevos duros.




Seguir lendo...

lunes, junio 25, 2007

Acordo con goleada



O tan agardado e anunciado acordo de goberno en Carballo chegou esta fin de semana. Logo das especulacións sobre a entrada ou non entrada do PSOE no executivo, ou incluso dos prematuros e finalmente infundados rumores sobre acordos cos dous partidos de centro-dereita, José Antonio Viña aceptaba o pacto cun Evencio Ferrero a quen xa apoiara co seu voto na investidura.

Resumindo, o pacto pode resumirse en moito ruido e poucas noces, porque o intento dos socialistas de gañar poder con este novo pacto de goberno non só non acadou o seu obxectivo, senón que pode dicirse que os nacionalistas lles colaron unha auténtica goleada. Ademais de que a ambicionada concellería de Obras e Servizos quedará en mans do BNG, o PSOE continuará coa sempre impopular concellería de Facenda, levará a de Medio Ambiente, e cargará cunha concellería de Urbanismo, que tendo en conta o contexto actual do famoso Plan Xeral non promete ser precisamente un privilexio nin un camiño de rosas. Mentres, as concellerías máis cómodas e de maior “proxección pública”, coma Obras, Servizos Sociais, Cultura, Deportes, etc, ademais da sempre rendible alcaldía serán para o BNG. Unha goleada que nos fai lembrar a esta outra de tan grata lembranza.




Seguir lendo...

martes, junio 19, 2007

Alberto Sueiro volve a reclamar reduccións da peaxe


Mañá debatirase no Parlamento galego a proposición non de lei presentada polo diputado carballés do Partido Popular, Alberto Sueiro, na que insta á Xunta a negociar coa empresa concesionaria da Autoestrada A Coruña – Carballo a instalación de sistemas de telepagamento que fagan máis fluído o tráfico nesa vía de alta capacidade, para equiparar a dotación técnica da vía coa doutras autoestradas con elevada densidade de tráfico, como a do Atlántico, e así mellorar a fluidez da circulación.

O PP tamén reclama a flexibilización do sistema de tarifas, de xeito “que, polo menos, os usuarios habituais da vía podan acceder a reducións, descontos ou bonificacións das peaxes que aboan a cotío para utilizar esa vía.”

Segundo a nota de prensa, Sueiro considera que “o bipartito carece de argumentos para dilatar este asunto unha vez que anunciou a gratuidade do último tramo da autoestrada Santiago-Ourense”.

O voceiro de Economía dos populares galegos recorda ...o antecedente fixado pola Xunta que permitiu suprimir as peaxes da Autoestrada do Atlántico na Ponte de Rande e no acceso á Coruña desde A Barcala para os usuarios residentes na área metropolitana da cidade herculina de Vigo.

A xuízo do deputado de Carballo, "despois de destinar arredor de 300 millóns de euros desde o ano 2010 ata o 2048 para financiar a supresión da peaxe de Rande, a Xunta carece de argumentos para non negociar coa concesionaria da autoestrada A Coruña-Carballo unha flexibilización das tarifas aplicables aos seus usuarios habituais."

Sueiro Pastoriza considera que logo do recente anuncio de que o último tramo da autoestrada Santiago-Ourense vai ser libre de peaxe, a Xunta de Galicia "esgotou calquera argumento co que opoñerse a flexibilizar as tarifas da vía que comunica A Coruña con Carballo."

Resulta unha mágoa que nos tempos de Cuiña a Xunta non adoptara esas medidas. Sería que o barón do Deza estaba máis preocupado por outras cuestión sucesorias. E agora seguimos a padecer aos que prometeron a autoestrada libre de peaxe. Cos de antes e cos de agora, a pagar toca (menos mal que o alcalde de Carballo non para de convocar manifestacións).


Seguir lendo...

Vídeos de campaña del BNG

Con un poco de retraso, acabamos de descubrir dos vídeos de campaña del BNG de Carballo, colgados en youtube el 22 de mayo pasado. Ahí os van:





(Estaremos atentos a lo que prometen en los vídeos, para comprobar si lo cumplen)




Seguir lendo...

lunes, junio 18, 2007

O "efecto Carballo"


Así foi como definiu Evencio Ferrero o resultado da súa xestión durante os últimos catro anos, e a que considera causa da mellora do BNG noutros concellos da zona. Claro que esta mellora é bastante relativa, xa que os nacionalistas unicamente acadan como novas as alcaldía de Zas e Corcubión, e como carambolas resultantes do apoio de independentes e mesmo do PP.

Pero desviámonos do asunto. O pasado sábado Ferrero era elexido como alcalde de Carballo, cos votos favorables do seu grupo e tamén do PSOE, namentres que Terra Galega e PP se votaban a sí mesmos. Deste xeito despexábase calquera atisbo de dúbida en torno ás intencións dos socialistas, se é que aínda quedaba algunha logo das declaracións de José Antonio Viña. O PSOE non só non puxo obstáculos á elección de Ferrero, senón que mesmo votou a favor. Toda unha sinal de que o pacto de goberno non ha estar lonxano, e unha decisión que moitos interpretaron coma un signo de debilidade de cara á negociación de concellerías.

Así pois ningunha sorpresa. Nos próximos catro anos teremos un goberno exclusivamente de esquerdas, e presidido por un alcalde que, agora si, gañou as eleccións. Ademais, a actitude tan amistosa dos socialistas cara ós nacionalistas non fai presaxiar tempestades no horizonte, e máis ben ó contrario, semella que se repetirá unha relación na que o BNG levará tanto a alcaldía como a batuta mediática, e o PSOE adicarase á tarefa de fiel colaborador sin máis aspiracións. Xa sin Andrades nin outras administracións de por medio, a esquerda carballesa ten a oportunidade histórica de demostrar a súa valía.




Seguir lendo...

jueves, junio 14, 2007

A Mala en directo

Logo dos comentarios efectuados por un dos nosos lectores vémonos na obriga de rectificar e recoñecer o noso erro e o noso descoñecemento. Polo visto Mala Rodríguez é unha das figuras do hip-hop e do rap nacional, e conta cun amplo currículum ás súas espaldas (aínda que por estas terras nós non tiñamos oído falar dela nin escoitado ningún tema seu en ningunha radio fórmula).

Así que temos buscado pola rede e atopado varios cortes dos seus concertos en Youtube, o que consideramos a mellor forma de coñecer a súa arte. E sentimos decilo, será que somos un pouco ignorantes nesto do rap, pero certamente, logo de ver varias das súas actuacións, mantemos a mesma opinión sobre o programa do San Xoán deste ano, e seguimos sen entender cales son as razóns de que se elixira a esta artista como atracción principal das festas dunha vila onde o rap non sona nin nos pubs máis xuvenís. Pero en fin, para gustos píntanse colores, e xulgade por vós mesmos.





Seguir lendo...

miércoles, junio 13, 2007

¿Giro inesperado?


Como en la película que recientemente programaba Antena 3, las negociaciones entre BNG y PSOE para formar gobierno en Carballo parecen haber dado un giro inesperado en las últimas horas.

Según han comentado los protagonistas de los sucesivos encuentros, la cerrazón de la otra parte impide alcanzar el acuerdo, y ambos consideran que la pelota está en tejado ajeno. El fondo del asunto es la convicción socialista de lograr una concejalía de “proyección pública”, como es la de obras, pues de lo contrario la acción de gobierno del PSOE se diluiría cual azucarillo en la mayor notoriedad que la figura de un alcalde siempre tiene de cara a la opinión pública. En definitiva, José Antonio Viña quiere un partido con futuro y no un suplente condenado a hacer el trabajo sucio para que el titular reciba el premio, tal es la sensación que muchos tienen de lo sucedido en los últimos cuatro años.

En consecuencia, todo apunta a que la corporación se formará con un BNG gobernando en minoría con 9 concejales, situación que Evencio Ferrero siempre consideró negativa en el pasado. Por ello, y porque hasta el rabo todo es toro, nosotros no desecharíamos nuevos giros inesperados en la trama. ¿Será el asesino Andy García o Samuel L. Jackson? ¿Dejará el PSOE gobernar en solitario al BNG, o habrá pacto in extremis o al día siguiente? ¿Cómo se repartirán las concejalías? ¿Intentará el BNG un pacto con Andrade? Pronto lo sabremos.




Seguir lendo...

lunes, junio 11, 2007

A Festa da Mala


Sorprendente, e tememos que non para ben, programación a das festas do San Xoán 2007. No día de onte coñeciamos polo miudo os pormenores dos actos e festividades que a comisión de festas preparou para este ano, e lamentamos non poder anunciar novas especialmente destacables.

Atrás quedan anos nos que poidemos escoitar en Carballo a Amaral, OBK, Sergio Dalma, La Unión, Duncan Dhu, Chenoa, David Bisbal ou Luz Casal, entre outros. A actuación estelar deste 2007 será unha cantante, supoñemos que moi coñecida na súa vila polos seus amigos, que responde ó nome de “Mala Rodríguez” (non é coña). Polo demais, a comisión destaca a actuación doutro grupo de rock chamado “Los Strait Jackets” (disque competidores directos dos Rolling Stones), e os xa tradicionais concursos de carrilanas, cachelas ou descenso do Anllóns.

Non sabemos se, como ben se apuntaba nalgún medio, o proceso electoral restou tempo para a confección do programa. Pero en todo caso o que queda claro é que estas festas do San Xoán están bastante lonxe do que unha pequena cidade coma Carballo merece, e que seguramente pasarán á historia coma as festas “da Mala”.




Seguir lendo...

miércoles, junio 06, 2007

Cita a ciegas


No hubo lugar para la intriga. Pese a los comentarios surgidos en las últimas fechas en torno al apoyo / no apoyo del PSOE al BNG en Carballo, el líder socialista se encargó ayer de disipar cualquier duda asegurando que en ningún caso tendrá ningún acuerdo con PP ni con Terra Galega, y que con toda seguridad el alcalde será Evencio Ferrero. Lo único que José Antonio Viña deja en el aire es si en la investidura votará al nacionalista o bien se abstendrá.

Así pues, nada nuevo ni nada que se salga del guión de la lógica. Viña no ha sido un ligue difícil e incluso sorprende la facilidad con que el partido socialista da su apoyo a un socio que le necesita imperiosamente para mantener un gobierno estable. Por eso nos hemos acordado de dos títulos protagonizados por Kim Basinger, “Cita a ciegas” y “Ella siempre dice sí”, para ilustrar este acuerdo de gobierno. ¿Podrá el PSOE obtener un buen provecho del pacto tras descubrir todas sus cartas y declarar su amor al BNG a las primeras de cambio? ¿O por el contrario ya ha habido una negociación relámpago que se ha saldado de forma satisfactoria para sus intereses?

Sea como fuere, parece que estos 4 años van a ser una balsa de aceite para el alcalde Ferrero y que en su socio de gobierno apenas va a encontrar dificultades ni competencias.





Seguir lendo...

¿Qué será, será…?


El día 16 (sábado) se constituyen los ayuntamientos y se elige alcalde. En Carballo, la duda está en si Viña entrará o no en el nuevo gobierno.

Como sabéis, el candidato socialista prometió en la campaña electoral que si no obtenía unos resultados dignos en las elecciones no formaría parte del nuevo gobierno. Finalmente, los resultados no fueron los que esperaba. Así que la duda está ahí: ¿entrará en el gobierno con Evencio o dejará que éste gobierne en minoría? ¿Qué será mejor para el PSOE? ¿Existen otras alternativas factibles al gobierno BNG-PSOE o BNG en minoría?

Podéis opinar y votar en las encuestas de este blog.





Seguir lendo...

sábado, junio 02, 2007

Andrade quere sobrevivir


“I will survive” cantaba Gloria Gaynor, o seu máis coñecido éxito, himno do equipo español de Copa Davis, entre outros. A mesma canción que Manuel Andrade semella estar entonando estes días.

Lonxe de presentar a súa renuncia coma moitos agardaban (nós tamén, para que engañarvos), o tenente de alcalde en funcións asegura que vai continuar no seu posto de concelleiro, e que vai exercer a oposición no Concello.

Non sabemos se coma Gloria, Andrade terá “toda a súa vida por vivir, todo o seu amor por dar”, pero en todo caso fáisenos complicado imaxinar ó veterano político carballés nunha posición que nunca ocupara ata o de agora. E tamén lembramos cómo hai catro anos polas mesmas datas, máis ou menos, o líder do CDI aseguraba que tan só ía cobrar o seu soldo durante dous anos, ata acadar a xubilación. Por iso preferimos agardar acontecementos para comprobar se os feitos confirman ou non os anuncios.



Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner