¿Criades que Santa Claus era un santiño? Pois non. Os tempos cambian e agora Papa Noel ten cara de
Billy Bob Thornton, fuma, bebe whisky, solta tacos, e non lle trae ós nenos o que lle piden. E en Carballo menos. Porque faltan poucas datas para o día de Nadal, e as cousas que levamos anos pedindo non maneira de que nolas traian.
Para comezar, hai pouco viamos unha
recopilación das promesas sobre o polígono industrial de Bértoa. E sen contar con que xa no 2003 ou no 2005 se dicía que as obras comezarían en cuestión de meses, vemos que mesmo no propio ano 2007 nos prometían que o polígono estaría en marcha este pasado verán, e que no mes de setembro
Evencio Ferrero poñía outubro como prazo de arranque. Quedan apenas 15 días para rematar o ano e "rien de rien".
Pero é que resulta que se facemos efeméride dentro de CD e miramos un ano atrás, contabamos cómo a conselleira de Política Territorial,
María Xosé (bueno, en realidade é José, pero xa sabedes)
Caride,
tiña problemas para atoparnos o noso Turboman. E por iso no canto de darnos o noso regalo de Nadal 2006, tiñamos que conformarnos coa promesa de que no ano 2007 estarían licitadas as obras da vía de alta capacidade de Carballo a Fisterra. Quedan apenas 15 días para rematar o ano e "rien de rien".
E se nos centramos na actualidade local, o PP ven de denunciar a situación do "regulamento de participación cidadá". Trátase dunha desas iniciativas tan bonitas, tan modernas, tan progresistas e tan "güays" que tan ben quedan nos xornais, pero que nunca se poñen en marcha. Porque semella que se trata de convocar consellos parroquiais e que os veciños de cada parroquia elixan ós seus representantes ó marxe do poder político (e de ningún outro tipo). E non sabemos se será por iso, pero di o PP que o tal regulamento foi aprobado en marzo de 2006, que había un prazo de 6 meses para poñelo en marcha, e que dende entón "rien de rien".
E por último temos que facer referencia a unha entrevista que liamos esta fin de semana en LVDGE de Carballo, non por incumprimento de promesas públicas, pero por motivos se cadra aínda máis dolorosos. O protagonista era o subdelegado do goberno en Galicia, é dicir, o nº 2 da administración ZP na nosa terra. E vexamos, ¿que reivindicación levamos 30 anos os carballeses facéndolle ó goberno central? ¿Cómo era? Algo de seguridade, ¿non? Unha... non sei que... ¿nacional? Pois ben, ó mesmo tempo que Santiago Rey Fernández-Latorre reafirmaba por enésima vez a independencia, a honestidade e o compromiso inequívoco do seu xornal con Galicia, e bla-bla-bla, e despois dunha serie de preguntas notablemente edulcoradas, o/a xornalista afila o colmillo, prepara o terreo falando de delincuencia, e ataca coma Mercedes Milá: "¿cree vostede que Carballo poderá contar cun cuartel... ... da garda civil? Por suposto, faltaría máis, de aquí ás eleccións de seguro que cumprimos". Ai, as amnesias e os síndromes de maldade non lle atacan só a Santa.
Seguir lendo...