Logo dunha boa tempada afastado de Carballo e das súas novas, por motivos laborais, atópome con ista polémica tan interesante.
Tentando aportar un gran de area, aínda sexa moi pequeno, a este gran lío que parece ter a xente que opina deste asunto, voulles contar un "sucedido" que lle ocorreu a un veciño dun Concello de Galicia.
O Sr. Xosé, labrador de toda a vida, marchou da casa patrucial cando lle tocou en herencia toda a seu irmán maior no reparto, e, como non tiña casa, pero sí lle tocara terra dabondo para traballar nela, decidiu construir unha casa. Era aló polo ano 2004. Resulta que o Sr. Xosé, home honrado onde os haxa, era de pouca cultura pero moito sentido común, e foi ó Concello a pedir a licencia para construir a súa casiña nas súas terras e así poder seguir traballándoas.
Cando chegou ás oficinas, dixéronlle que as súas terras eran rústicas, cousa que él xa sabía, e que nelas non podían darlle licencia.
O Sr. Xosé, estrañado, preguntou como entón se estaban a construir casas de par das súas terras.
Foi entón cando lle dixeron que, para construir en terreo rústico, había que ter uns metros polo menos para que lle deixaran obrar, e ademáis a casa tiña que ser auxiliar dunha explotación agraria.
O Sr. Xosé, ignorante da forma, pero vendo que, dándolle voltas raras, podía obrar a súa casiña, pois cumplía cos requisitos, pedíu, por medio do Concello, a autorización autonómica para obrar a súa casiña, porque resultou que era a Xunta quen tiña que darlle permiso para obrar en terreos rústicos.
Logo de esperar case un ano, a Xunta doulle permiso, e o Concello, visto o permiso da Xunta, licencia para obrar, e o Sr. Xosé, contento coma nunca, gastou os aforros dunha vida, máis de 25 millóns de pesetas, en facerse unha casiña preciosa, que rematou no verán de 2005.
Pero, cousas da vida, o veciño do Sr. Xosé, Brais Nugué, home retorto e avinagrado, denunciou ó pobre de Xosé no Xulgado.
O Sr. Xosé, todo tranquilo, foi a un abogado ca súa licencia na man, sabedor de que él non cometera ilegalidade ningunha.
Foi entón cando, ó salir do abogado, o Sr. Xosé, tremando co medo, pensou que era un ignorante. Resulta que se a Xunta se equivoca, ou o Concello, a súa casiña pode acabar derribada, teña licencia ou non.
Este mundo é de tolos, pensou o Sr. Xosé, que vía correr perigo a inversión dunha vida.
Logo de 2 anos de espera, a comenzos de 2007, os Tribunais anulan a licencia da casa do Sr. Xosé, e ordenan derribala.
O Sr. Xosé, xa maior, dubida se pegarlle un tiro ó do concello, ó da xunta, ó veciño, ó abogado, ou simplemente mandar a todos tomar polo .....
Moraleja: aunque tengas licencia, ándate con ojo, que las escopetas las carga el diablo.
Espero que o entenderan e se deixen de pastar en prados moi lonxanos da realidade.
Os únicos que NUNCA son responsables nestes casos son os titulares das licencias, pois son os que actuaron de boa fe. Calquera de vostedes, se pide unha licencia e lla conceden, obraría en consecuencia.
Tanto é así, que a indemnización que poden solicitar os donos do colexio poden ser INMENSAS, pois teñen invertido moitos cartos, e teñen dereito a recuperar todo o invertido, e a cobrar o que deixen de ganar durante moitos anos vindeiros.
Xa, por último, unha pregunta: ¿a ninguén lle chama a atención que se o colexio está construido nunha parcela que antes formaba parte dunha parcela máis grande, que se partiu en 2 para venderlla ós donos do colexio, o Tribunal de Xustiza declare urbana a mitade que non se vendiu, pero diga que a mitade onde está o colexio é rústica, e por iso non se podía edificar alí?
Desde logo que o Sr. Xosé non o entendería tampouco.
País.....
Quen fixo a Lei... fixo a trampa.
Etiquetas: Artai, educación
Seguir lendo...