Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, mayo 30, 2007

Pequeño gran hombre


Luego del resultado de las elecciones locales del pasado domingo todos los carballeses dábamos por supuesto que el gobierno local se formaría sin ningún problema por una coalición de nacionalistas y socialistas. Porque ese es el pacto global de BNG y PSOE en Galicia, y porque, pese a los reproches de campaña, la relación entre sus representantes carballeses no ha sido históricamente mala.

También ha habido quien ha dado por supuesto el pacto basándose en lo que algunos consideran falta de carácter político del líder del PSOE carballés, José Antonio Viña, para imponer sus criterios a sus socios. Por eso ayer nos sorprendíamos con una revelación inquietante: el “pequeño” hombre sacaba los dientes para intentar demostrar que es un “gran” hombre, y afirmaba que nada estaba hecho, y que iba a valorar seriamente si entraba en gobierno, o por el contrario Ferrero tendría que gestionar el Concello en solitario.

Hoy parece que se empiezan a sentar las bases para un pacto que nosotros nos atrevemos a dar por hecho. Pero también es bien cierto que los resultados electorales de los socialistas no han sido buenos, y si quieren, como Dustin Hoffman, dejar de ser un pequeño atrezzo de la política local y convertirse en unos grandes hombres en el futuro, más les valdría empezar a hacerse valer.




Seguir lendo...

martes, mayo 29, 2007

Resultados definitivos


Los resultados definitivos de las elecciones municipales en Carballo son los siguientes:

Escrutado 100%
Total votantes 18.560 63,13%
Abstención 10.840 36,87%
Votos nulos 91 0,49%
Votos en blanco 253 1,36%

Concejales a elegir 21

Candidaturas .................. Votos .................... Concejales
BNG ................................ 7.544 ....... 40,85% ........ 9
PP ................................... 4.680 ....... 25,34% ......... 6
TEGA ................................ 3.114 ........ 16,86% ......... 3
PSdeG-PSOE ................ 2.419 ........ 13,10% ......... 3
PDV ................................ 459 ........ 2,49%


Fuente: Ministerio del Interior

http://www.locales2007.mir.es/muni/FTOP.htm






Seguir lendo...

lunes, mayo 28, 2007

O BNG gobernará en Carballo


Resultados sorprendentes nas eleccións municipais celebradas onte en Carballo. Contra os seus mellores pronósticos, o Bloque Nacionalista convértese na forza máis votada con diferencia, acadando 9 concelleiros, mentres que o PSOE sube 1 para chegar a 3, cousa que entraba dentro do agardado. Deste xeito, Carballo terá a bo seguro un goberno de coalición nacionalista-socialista con Evencio Ferrero como alcalde.

En tanto, os partidos de centro-dereita experimentaron un acusado descenso. O PP queda en 6 concelleiros e Terra Galega, trala súa espectacular e dilapidadora campaña, baixa a 3. Semella que finalmente a aventura de Manuel Andrade & Co. unicamente vai deixar coma herdanza na nosa cidade o famoso túnel e un goberno en bandexa para a esquerda. Probablemente non era esa a idea dos seus promotores.

Como segundas lecturas hai que subliñar que a división de voto entre populares e “centristas” provocou que os nacionalistas acadasen a victoria incluso na zona rural, e que contra a crenza comunmente establecida, a baixa participación que se rexistrou non favoreceu á dereita, senón á esquerda.

Agora a pregunta que moitos se fan é: ¿vai Manuel Andrade seguir á fronte do seu partido na oposición? Nós aventurámosnos a dudalo moito.


Nota: O resultado da quiniela que organizamos foi o seguinte:

PP: 8
BNG: 6
TG: 4
PSOE: 3

(Como vedes, non estivestes moi acertados)



Seguir lendo...

sábado, mayo 26, 2007

Santa Rita, Rita, Rita, o que…..????..



No transcurso do día 25 de maio, os funcionarios do concello de Carballo, celebraron unha gran comilona no restaurante Punta do Este, con motivo da súa patroa SANTA RITA, o acto en cuestión era organizado polo Sr. Presidente da Xunta de Persoal. Devandito acto constaba dunha misa (á cal acudiron moi poucos funcionarios) así como posteriormente unha gran comilona, á cal si acudiron gran parte dos empregados públicos (non todos) así como os invitados á mesma, destacar que como acto, o concello pechou con antelación as súas portas.

O menú era a base de marisco, carne e algún pescadiño, cafés e uns licoriños, para celebralo, o custo do prato foi sobre 45 €uros por persoa.

Á comilona en cuestión acudiron máis de cen persoas, entre funcionarios e invitados, ata aí todo normal, pero quen paga eses gastos?????

O CONCELLO si, o concello ten o honor de gastarse ??. (Boten contas sobre cento e pico de persoas, por 45 euros). Ese diñeiro creo que é de todo o pobo de Carballo e non creo que sexa o máis adecuado, gastarse uns 5000 €uros nunha comida para funcionarios.

Non a poden pagar cada un do seu peto?

Cantos funcionarios non se quedarían na casiña, se houbese que pagar, estarían todos ou algún poñería unha escusa para non ir, ¡JO PE É QUE NON ME VAI BEN ESE DÍA, E QUE HOXE DOEME ..!

Iso si despois releamos cartos para algunha subvención, para facer horas extras (algúns outros as fan arreo sen xustificar) ou calquera gasto que non lles guste os mandatarios.

Pero bo, tampouco son tantos cartos, algún político que dixo no seu momento que se retiraba con 65 tacos, segue en activo e cobrando unha burrada.

De todas formas non lle metamos a culpa os actuais mandatarios, esto levase facendo xa fai alguns anos, non é iste o primeir ano, o problema e que o consinte.

Un saúdo dun funcionario cabreado.




Seguir lendo...

Xornada de reflexións


Esta é unha xornada de moitas reflexións; as que os carballeses teñen que facer para decidir o seu voto nas eleccións municipais de mañá, e tamén as que nos facemos ó tanto dalgúns dos acontecementos das últimas semanas.

Por unha banda, sacamos en conclusión que, exceptuando algunha pintada extemporánea, a campaña electoral desenvolveuse dentro dos cauces democráticos normais, motivo polo que se debe felicitar a tódolos partidos políticos. Non sucede así con outros abusos de poder que desgrazademento seguen a repetirse en cada consulta: unha vez máis asfaltáronse rúas no última día de campaña, e unha vez máis se lanzan grandes anuncios de obras en plena xornada de reflexión.

Por outra, que as estratexias dalgúns candidatos sufriron cambios considerables á hora de pedir o voto. O PP mantivo a liña que traia dende hai tempo de renovación, futuro e defensa de que goberne o máis votado; Acacio Rodríguez confirmouse coma o Doctor House local cos seus despiadados ataques ó tripartito, sobre todo a Manuel Andrade. Ata aquí ningunha novidade. En cambio os partidos do tripartito pegaron golpes de timón, e pasaron de afirmar permanentemente a súa sintonía a atacarse mutuamente sen miramentos. Abriu a veda Terra Galega ó afirmar que non ía pactar cun BNG ó que dirixiu fortes acusacións, igual que tampouco ía pactar co PP; seguiron as contestacións de Ferrero contra Andrade, e incluso finalmente o candidato do PSOE tivo palabras poucos eloxiosas para os nacionalistas (que na súa boca, xa é dicir).

Agora, toca elexir e decidir de quén fiarse. Mañá veremos os resultados.





Seguir lendo...

miércoles, mayo 23, 2007

Quiniela


Imos facer unha quiniela colectiva entre os lectores de CD sobre o resultado das eleccións. Ollo: non se trata de que digades a quen ides votar. Non é unha enquisa de intención de voto, senón que se trata de adiviñar cal será o resultado das eleccións.

Tedes as enquisas na marxe dereita da páxina, debedes marcar o número de concelleiros que pensades que sacará cada candidatura. Podedes marcar varias respostas (por exemplo, se credes que un partido estará entre 3 e 4, podedes marcar os dous números).

Podedes poñer a quiniela de cada un escribindo nos comentarios.

A ver se entre todos acertamos.




Seguir lendo...

lunes, mayo 21, 2007

Obras extraterrestres en Carballo

(Descolgaron o vídeo do youtube, pero alguén volveu a colgalo)



(Gracias a Juanjo Vales por enviarnos o enlace)
(Gracias Benito Lopera por enviarnos o novo enlace. Dinos que non é obra de Juan)



Seguir lendo...

Perdido no túnel?


¿Quén dixo que Terra Galega baseaba solamente a súa campaña nos aperitivos ou nas grandes cenas (de balde)? Non, os tempos cambian e a oferta de productos da factoría Manuel Andrade amplíase.

No mitin central de campaña, onde os centristas de Carballo din ter xuntado a mil persoas, houbo orquestra, gran espectáculo de luz e de son, asentos forrados de branco coma nos bos restaurantes, por suposto non faltou de qué comer, e repartíronse distintos regalos.

Aos xa comúns (abanicos) ou menos comúns (sombreiros), engadiuse un regalo moi especial, unha lanterna. Este sorprendente agasallo é toda unha novidade no amplo repertorio de marketing electoral que os partidos desplegan en campaña, e ten alimentado multitude de comentarios. O máis curioso e malintencionado, o que di que o partido de Manuel Andrade precisa dunha lanterna para colocarlle ó sombreiro e orientarse dentro da oscuridade do famoso túnel da rúa Coruña.

Mentres non teñamos outra explicación, quedámonos con esta divertida asociación de ideas.



Seguir lendo...

jueves, mayo 17, 2007

Máis pintadas


Se hai unha semana traiamos ó noso blog as pintadas realizadas sobre a imaxe de Evencio Ferrero, descubrimos agora na prensa local que o seu socio de goberno, Manuel Andrade, non correu mellor sorte.

O vandalismo e a falta de respeto democrático non respeta a nadie, e nun cartel de Terra Galega situado a escasa altura na rúa Vázquez de Parga, viñeron aparecendo repetidas pintadas nas que se lanzaban acusacións ó tenente de alcalde de Ferrero. Segundo o partido de Andrade, este feito reiterado obligoulles a cambiar o cartel ata 3 veces, ocasionando un gasto extra de 1.500 euros. Probablemente o aspecto económico é o menos importante do caso, porque visto o espectacular dispendio económico de Terra Galega (que daría para outro artigo e mesmo para un debate), 1.500 euros semellan unha esmola (por favor, que alguén que teña tempo contabilice o número de pancartas de Andrade e multiplique por 500, a ver canto sale. De dónde sale, non volo preguntamos, porque supoñemos que non o sabedes).

O curioso do asunto é que LVDG de Carballo recolle o rumor de que o autor das pintadas era unha persoa vinculada co BNG, aspecto negado por Ferrero. En calquera caso, trátase coma no caso anterior dun comportamento rexeitable, porque unha cousa é a liberdade de expresión, a liberación de tensións, ou mesmo o dedicar alguna palabra máis alta que outra a un político, e outra ben distinta é deteriorar unha pancarta ou acusar a algúen de delitos dos que no se teñen probas.



Seguir lendo...

miércoles, mayo 16, 2007

Veteranos de guerra


Hoxe podemos ler na Voz de Galicia unha desas historias da mili (ou da “puta mili” que diría o sargento Arensibia creado por Ivá e “nasío pa matá”), coa que moitos veteranos lembran as anécdotas máis divertidas dos seus anos de servicio militar.

Ramiro Calvelo Recarey, o número 8 da candidatura de Terra Galega en Carballo participa hoxe nunha boa idea da Voz de Galicia de Carballo, unha serie de artigos onde os compoñentes das distintas listas electorais se presentan a si mesmos ós cidadáns, e fan proselitismo do seu partido. Entre outros aspectos, o entrevistado fai notar que coñece a Manuel Andrade dende 1979 e que foi alcalde de barrio con el durante 12 anos, ata o 1991. Tamén destaca do seu sarxento naquelas e nestas fazañas bélicas, que “Andrade é un home con decisión, que chama ás cousas polo seu nome, como ten que ser. Nestes catro anos demostrou como se goberna un concello e seguirá demostrándoo”.

Porque os veteranos das guerras carballesas da transición foron chamados de novo a filas hai 4 anos polo seu sarxento, e ademais pretenden prolongar os seus servizos durante 4 anos máis, coma soldados que se resisten a aceptar que hai anos que se firmou a paz.



Seguir lendo...

sábado, mayo 12, 2007

Poña un cortello no seu salón


Publicado hoxe na sección “Pregunte Usted” de La Voz de Galicia:

¿Que medidas tomarán os partidos políticos de Carballo con respecto á existencia de gando no casco urbán?

Manuela, unha veciña da avenida da Cristina de Carballo, está preocupada pola presenza, ao lado da súa vivenda, dun curral no que hai galiñas e porcos, o que, segundo asegura, provoca malos cheiros. Tamén di que as galiñas andan ás súas anchas pola rúa, e quere saber que medidas pretenden tomar os políticos ao respecto.

E esta foi a contestación de Andrade:

«A presenza de currais no casco urbano vén de moito tempo atrás, e hainos en todo o casco urbano. Dende logo, se no próximo mandato temos a responsabilidade de goberno, non imos ser nós os que prohibamos este tipo de actividade».





Seguir lendo...

viernes, mayo 11, 2007

Proxima inaaajurasion


Pronto os veciños de Oza teran unha inaujurasion, tan a rematar unha beirarrúa de obstáculos, si, como soa: unha beirarrúa de obstáculos, única no mundo mundia, terán que apartar de postes, baixar ós estacionamentos, volver a subir, será un paseo máis diver....

Coa chegada das elesssions, os nosos politiquillos non dudan en facer unhas beirarrúas na parroquia de Oza, pero como temos presa, apuramos apuramos que se non non inaguramos, que máis da, nos inajuuuramos e punto (diria andradeixum).

- Pero se non quitamos os postes das farolas,...

- ¡é o mesmo!, nos inajuuuuuramos e punto!

- e lojo os postes das farolas?


Unha vergoña, facer veiraruas e deixar tal cantidade de postes nos estacionamentos, nas aceras, donde caian, eso si hoxe a toda presa preparando todo para rematar, e poder decir que na parroquia de Oza fixemos aceras.

Deberialles caer a cara de vergoña, pero o mellor e moito pedir (realmente teran cara) pero bueno cando algun fixo o complexo deportivo que fixo e donde o fixo que se lle pode pedir.

Un saúdo de LOBO




Seguir lendo...

Calvo en bolsa



Gran noticia a que puidemos coñecer onte e que recolle A Nosa Costa. O grupo conserveiro Calvo, a maior industria de Carballo, está plantexándose seriamente cotizar na Bolsa.

Tal e como anunciaron os novos responsables da compañía, o resultado do ano 2006 foi negativo con 12,55 millóns de pérdida, pero este novo 2007 preséntase coma moi prometedor, pois agárdase un beneficio de 30 millóns, de tal maneira que a posibilidade de dar o salto bursátil non é un soño senón unha realidade.

Segundo estes membros da terceira xeneración da familia Calvo, en ningún momento eles pretenderon vender a compañía, senón simplemente sondear unha posibilidade para coñecer o seu verdadeiro valor. Para despexar dúbidas aclaran que Calvo, nin estaba nin está en venta.

Oxalá sexa certo e que Conservas Calvo acade os resultados agardados, porque iso será bo para Carballo e para tódolos carballeses, pois as nosas empresas non só son o noso medio de vida senón tamén o noso orgullo.





Seguir lendo...

miércoles, mayo 09, 2007

¿”Carballo Limpo”?

Ese é o título da propaganda do Concello. ¿É certo?

Vexan o “antes” e o “despois” da campaña de limpeza anunciada e bombo e platillo polos nosos gobernantes, e xulguen as fotos que nos envían desde Novas Xeracións do Partido Popular:







Hai moitas máis despois do "Seguir lendo":













E a nota que acompaña as fotos:

Novas Xeracións demostra de novo o fraude de “Carballo Limpo”


Como xa fixeramos antes co asunto a limpeza de solares urbanos, Novas Xeracións queremos denunciar de novo con probas o fraude que o governo local de Carballo está a vender ós cidadáns coa súa campaña propagandística de “Carballo Limpo”.

O alcalde, Evencio Ferrero, ten afirmado que na súa chegada ó poder a zona rural estaba plagada de vertedoiros incontrolados, e que grazas á súa xestión o seu número tense reducido drásticamente. Ámbalas dúas cousas son rotundamente falsas.

Un simple percorrido, non exhaustivo nin moito menos, realizado por nós permitiunos localizar ó longo deste ano varios vertedoiros coa intención de solicitar a súa limpeza, a meirande parte deles en lugares visibles e accesibles por calquera ciudadano. Hai máis dun mes o governo realizou unha suposta campaña de localización e limpeza que calificou de grande éxito. Temos voltado a comprobar o estado destes vertodoiros, e todos eles presentan exactamente o mesmo aspecto que antes. A única diferencia é que nalgúns se ten acumulado máis lixo ou que a vexetación ten cuberto en parte a grande cantidade de residuos.

NNXX solicita a limpeza dos vertedoiros que aquí mostramos e quere denunciar unha vez máis a forma que o BNG ten de entender a política. Entendemos que o vertido de lixo nos nosos montes e pistas é un problema complexo e difícil de resolver, pero o que en ningún caso podemos aceptar é o fraude permanente á cidadanía, ou que se nos tome a todos por parvos. Este é un governo que únicamente se preocupa polas campañas de imaxe e por vender proxectos que nunca se fan realidade. Cal sexa o estado verdadeiro do noso rural, tenlles sen coidado.


Seguir lendo...

Pintadas


Na zona de Rebordelos e Vilela apareceron varios carteis do candidato do BNG con pintadas chamándolle “Xudas”. Isto non se debe facer, hai outras formas de protestar. A ninguén lle gustaría que sobre a súa foto se escribiran insultos. As críticas son lexítimas, incluso as máis ferintes, e os políticos deben saber que están expostos a elas polos seus actos, pero o respeto á persoa debera manterse sempre, ainda no caso de que outros non fixeran o mesmo.




Seguir lendo...

A proba do algodón


Xa van varios debates entre os 5 candidatos que aspiran a ocupar a alcaldía de Carballo. Os primeiros encontros tiveron como escenario os micrófonos de RadioVoz, e máis recentemente celebrouse un novo acto dentro da Semana da Familia, no que os líderes políticos expuxeron as súas propostas e os seus programas en materia de familia e políticas sociais. Os principais aspectos deste último debate veñen recollidos hoxe na prensa local baixo a perspectiva da Voz de Galicia, a quen por certo lle resulta extrano que se fixeran críticas ó goberno actual.

A novidade é que nesta cita electoral de 2007 está a operar en Carballo unha televisión local (BERTV, no canal 31) que ven retransmitindo moitos destes eventos. Dende CD queremos felicitar e saudar moi positivamente esta iniciativa, porque nos permite coñecer de primeira man cómo son en realidade os nosos candidatos. Sen conservantes de fotografías retocadas, edulcorantes de preguntas preparadas, nin tertulias repletas de estabilizantes. Cada candidato fala libremente, os asistentes preguntan o que queren, e os cidadáns podemos comprobar a capacidade e a preparación de quen nos pide o voto. É dicir, unha sorte de proba do algodón.

Por iso imos excusar facer valoracións de líderes, e preferimos invitar a tódolos carballeses a seguir con atención estas intervencións e sacar as súas propias conclusións. Non obstante, non podemos evitar a reflexión de que, visto o visto, hai candidatos ós que cada intervención pública non “edulcorada” lles fai perder votos, e outros que estarán desexando unha nova convocatoria para demostrar a súa superioridade.





Seguir lendo...

sábado, mayo 05, 2007

“Las cosas claras…


…y el chocolate espeso”. Esta es una de las frases preferidas del doctor House, que actualmente arrasa en las televisiones de todo el mundo. Un médico “brutalmente honesto”, como reza la publicidad, que carece de prejuicios ni miramientos para llamar a las cosas por su nombre, y para quien la verdad está muy por encima de los modales, los sentimientos o el que dirán.

Y seguramente el personaje televisivo basa su éxito precisamente en eso, en que se atreve a hablar y a comportarse como nadie más está dispuesto a hacer. Y también será por eso que nos alegra comprobar el retorno al ruedo político de un personaje tan peculiar como Acacio Rodríguez, nuestro particular Dr. House carballés.

En unas declaraciones a Punto Radio que recoge A Nosa Costa, Acacio no ahorra palabras a la hora de criticar la labor del tripartito carballés: a sus antiguos compañeros del PSOE los considera desaparecidos, como un partido “pantasma”; a Evencio Ferrero le achaca haber renunciado a sus postulados de la oposición, y sobre todo tiene palabras claras para con Manuel Andrade, a quien califica como “un dos últimos caciques que quedan en política”, y de quien dice que, por mucho que se quiera calificar de centrista y galeguista, no pertenece a otro sitio que a la “ultradereita”. Podeis incluso escuchar los cortes en Youtube.






Seguir lendo...

miércoles, mayo 02, 2007

Cada loco con su pacto



Coma cantaba Joan Manuel Serrat, no primeiro encontro dos cinco candidatos á alcaldía carballesa cada un falou da feira segundo lle ía nela. Pouco ou nada puidemos sacar en limpo. Coma nos combates de boxeo, primeiro tanteo e golpes frouxos porque o combate promete ser duro e hai que ir indo pouco a pouco. Con todo, o máis interesante foi o inicio de posicionamento en vistas a posibles pactos post-electorais. E houbo algunha novidade, porque despois de renegar hai uns días tanto de PP como de BNG, Andrade semella que xa non o ten tan claro:

Acacio Rodríguez aspira a acadar representación e di que os pactos non son descartables.

José Antonio Viña déixase querer e non se molla.

Manuel Andrade afirma que o PSOE ten moito talante, que o BNG engana cando aparenta que o ten, e que o PP está radicalizado. Non pensa en alianzas, pero se hai que facer pactos, hao pensar seriamente.

Evencio Ferrero aposta por unha maioría BNG-PSOE, porque considera que fai falla un goberno “sólido” ( e iso que tiñamos escoitado que o actual xa o era). Ademais afirma que tanto PP coma CDI están á baixa, cousa que no último caso, e sen que saibamos o motivo, lle resulta “sorprendente”.

E Alberto Sueiro é o único que aspira a acadar unha maioría suficiente para gobernar en solitario, aclarando que en todo caso deberá ser a lista máis votada a que dirixa os designios do Concello.



Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner