Semella que, pouco a pouco e con moitas dificultades, vanse abrindo buratos nos valos que permiten ver a realidade que se oculta detrás da propaganda oficial carballesa. Nesta semana, sen ir máis lonxe, tivemos un bo número de noticias e asuntos que amosan problemas ata o de agora tapados ou descoñecidos no noso concello pero que afectan a moita xente e deberían estar no centro de preocupación dos nosos gobernantes.
Primeiro foi o retraso na elaboración e tramitación do Plan Xeral de Urbanismo, que hai uns días recolliamos nas declaracións de
Alberto Sueiro. Declaracións que tiveron cumprida resposta pola parte do concelleiro delegado,
José Antonio Viña, argumentando que se estaba a traballar a bo ritmo e que para o mes de xuño se podería por fin expoñer o documento. Agora é o durante meses desaparecido
Manuel Andrade o que volta á carga na sua liña máis xenuína censurando o traballo do goberno por supeditar os intereses dos carballeses á Xunta de Galicia (
declaracións a Punto Radio). Na mesma intervención o propio Andrade sacaba a colación o proxecto do parking e do centro comercial con palabras igualmente duras (e demagóxicas) para o equipo de Evencio Ferrero, e mesmo chegaba a asegurar que nin este proxecto nin o propio Plan Xeral chegarían a ver a luz nos máis de 3 anos que restan de mandato.
Por outra banda ben distinta, la Voz de Galicia saca as telarañas ó traballo xornalístico de denuncia, e realiza hoxe unha
ampla reportaxe sobre das carencias dos centros educativos de Carballo, analizando os graves problemas que moitas familias do noso concello teñen para matricular ós seus fillos máis novos, e non digamos xa para atopar un centro cercano á súa vivenda, ou lograr o acceso ó colexio desexado.
E para rematar, compre destacar especialmente a recollida de firmas realizada polos veciños da Milagrosa na que reclaman ó goberno bipartito a realización dunha longa serie de melloras pendentes no seu barrio. Suliñamos estas palabras da presidenta da asociación: “Todos os alcaldes pretenden facer obras faraónicas e que o seu nome quede aí, nunha placa, e por culpa diso quedan a mal cos veciños”. Non podían ser máis apropiadas.
Como detalle importante a considerar está o feito de que todas estas polémicas collen forza precisamente na semana en que o alcalde
Evencio Ferrero estivo embarcado na súa peregrinaxe europea por Bruxelas, vendendo a viaxe como que vai conseguir “obras faraónicas” para o barrio da Milagrosa . Xa diciamos que antes de adicarse ás aventuras da cabalería, conviña ter os deberes ben feitos na casa.
Etiquetas: detrás vallas Plan Xeral mercado parking
Seguir lendo...