Levo un tempo facendo un exhaustivo seguemento dos aconteceres deste noso ilustre governo municipal das esquerdas –ou así se din eles mesmos, porque cada día o dubido máis-, e creo que é momento de facer unha análise.
Qué mellor maneira que un pouco de humor, así que vos acompaño o que ben pudiera ter escrito calquera hai uns aniños, moi propia destas épocas navideñas.
Carta dun carballés ós Reis Magos:“Carballo,
1 de xaneiro de 2003.
Benqueridas Maxestades de Oriente, un ano máis, diríxome a vostedes para lles pedir non para mín, senón para os meus concidadáns.
Velaí vai a miña lista de peticións:
1.- Quero, para, empezar, que, se é posível, e non é demasiada molestia, a Carballo lle dean, dunha vez, unha ambulancia medicalizada, tan necesaria e reiteradamente solicitada aos que nos governan, pero sempre negada polo mesmo partido que goberna en Santiago e en Carballo.
2.- Quero, tamén, que, se pode ser, se constrúa un Hospital Comarcal en Carballo, con todas as especialidades e un servizo de urxenças o mellor dotado, que xa nos negou a Sra. Conselleira de Sanidade, pese a ser do mesmo partido que o noso Sr. Alcalde, o Sr.
Varela.
3.- Se non é moito pedir, encantaríame que se fixera a travesía de Malpica, desde o punto quilométrico 0,000, con beirarrúas e servizos de primeira categoría, e que este governo municipal do Sr. Varela non é quen de conseguir da Xunta do PP.
4.- Quero, tamén, que o governo municipal faga, dunha vez, o carril-bici ata Razo, e se deixe de escudar na imposibilidade de obter os terreos.
5.- Quero, sobre todo, que dunha vez o Concello faga do Bosque do Añón o espazo natural de Carballo por excelencia, un lugar onde poder facer durante todo o ano o que agora só algúns podemos facer un día nas festas de San Xoán.
6.- Quero, se é posível, que o governo municipal dea entrada, dunha vez, a xente nova na Comisión de Festas de San Xoán, e que fagan dunha vez transparente a xestión que a Comisión fai dos cartos que o Concello, e, por tanto, todos os carballeses e carballesas, poñen nas súas mans. Quero, tamén, que empecen a traer dunha vez atraccións estelares ás festas, e non artistas de segunda ou folclóricas do tres ao cuarto.
7.- Quero, xa, que se libere a peaxe da autopista á Coruña, único xeito de garantir o progreso desta nosa terra, e que o Sr. Alcalde llo esixa dunha vez ao seu partido en Santiago, que para algo goberna e decide sobre o tema.
8.- Quero, porque é de xustiza, que a Xunta constrúa, dunha vez, a circunvalación de Carballo, e que o governo municipal se plante en Santiago e non saia de alí ata que o seu partido, o PP, comprometa a actuación.
9.- Quero que dunha vez se remate a travesía principal de Carballo, que parece a obra de nunca rematar, e que o governo do PP no Concello saque dunha vez un compromiso firme do de Santiago (Xunta) para rematar a travesía.
10.- Quero que dunha vez o Plan Galicia se execute, e se faga o novo Polígono Industrial, porque moito falar del, pero ningún industrial de Carballo pode aínda conseguir nin un metro cadrado para montar alí o seu negocio.
11.- Quero que o governo municipal do Sr. Varela Rey dunha vez presente unha idea e un proxecto viable para construir o parkin soterrado da Praza do Concello, que xa o intentaron e todo quedou en nada.
12.- Quero que o governo municipal do PP dunha vez aposte polo comercio local, e o impulse, pois non bastan as obras proxetadas de peonalizar a Rúa do Hórreo e a Coruña, senón que hai que ser máis ambiciosos e facelo en todo o centro. Tamén que dunha vez aposten polos placeiros do Mercado, e melloren a Praza.
13.- Quero que o Sr. Varela poña fin ós desmáns urbanísticos que campan ás súas anchas.
14.- Quero que o Sr. Varela deixe de subirlles os impostos aos veciños de Carballo, como fixo coa basura e a contribución.
15.- Quero que se interrumpan as obras do Pazo da Cultura, unha obra faraónica e innecesaria para este povo, e se prioricen as actuacións en outras obras máis urxentes, como construir beirarrúas e asfaltar moitas rúas do centro que nin estes servizos básicos teñen.
16.- Quero que Carballo conte cun bó Plan Xeral de Urbanismo, posto que o que prepara o Sr. Varela é desastroso, e non se entende como este governo non aprecia a importancia do urbanismo.
17.- Quero que o governo do PP deixe de tirar os cartos públicos en poñerlle un teléfono móbil a cada concelleiro, que vai ti saber logo se non o usan para chamadas particulares.
18.- Quero que o governo do PP explique aos carballeses por qué fan falla tantas adicacións exclusivas, nun Concello tan pequeño, e que xustifiquen que merecen un soldos tan esaxerados por non facer nada.
19.- Quero que esista transperencia nos procesos de oposicións para traballar no Concello, e menos amiguismo e contratacións a dedo.
20.- Quero que se solucione o grave problema de aparcamento de Carballo, con solucións definitivas, e non meros parking provisionais como fixo o Sr. Varela.
21.- Quero que se modernice a xestión deportiva municipal, tan deficiente.
22.- Quero que desapareza o caciquismo deste governo municipal: un concelleiro de obras que usa o coche do Concello para todo, que ata o leva para a súa casa, que anda de casa en casa dos veciños para acadar votos, e que non planifica as obras.
23.- Quero que o governo municipal planifique as prioridades das obras, facendo os correspondentes proxectos e estudos, e non obras sen ton nin son.
24.- Quero que o governo deixe de gastar tempo e recursos en publicidade institucional e dunha vez traballe polo ben de todos e non polo seu.
25.- Quero unha política cultural moderna e de país, que abandoe programacións repetitivas de ano en ano: semana de música, de teatro, venres culturais…, e aposte por unha liña de calidade e orixinalidade.
26.- Quero un governo que non estea paralizado, sen ideas, que leve asuntos de importancia ós Plenos, e que saque adiante os Presupostos no seu tempo, que para eso ten a maioría.
27.- Quero, en definitiva, o que é de Lei, o que nos toca por dereito, e que este governo municipal deixe de agachar a testa diante do seu governo “amigo” de Santiago, e, dunha vez por todas, nos defenda ós veciños por riba dos intereses partidistas.
E, se todo esto non o podedes facer vós, porque sei que pido moito, só quero entón unha cousa:
28.- Quero que botedes fóra ao Sr. Varela e me fagades a min Alcalde.
Asdo: O voso amigo
Evencio.”
Carta doutro carballés ós Reis Magos:“Carballo,
1 de xaneiro de 2009.
Benqueridos Reis Magos:
Quero o mesmo que vos dixo Evencio na súa Carta de 2003, exactamente o mesmo, substituindo da súa carta as seguintes verbas:
- Onde pon Sr. Varela, escríbase Evencio Ferrero.
- Onde pon P.P., póñase BNG-PSOE.
- Onde pon Pazo da Cultura, póñase Casa dos Oficios.
Asdo: O voso amigo
Sueiro”
Dito doutra maneira: ¿que se ten feito de todo o pedido –e prometido- nestes 6 anos? A min estáseme a esgotar a infinita pacencia que, desde o primeiro día, lle estiven disposto a mostrar a un governo de progreso, que dicía abandoaría os defeutos do mandato do Sr. Varela. E quero obras, non proxectos, prefiro 10 obras pouco planificadas que un centro de proxetos de planificación sin ningunha obra.
Así que, a espabilar, señores governantes. Xa vai sendo horiña...
Anónimo
Etiquetas: Reis Magos
Seguir lendo...